Con case dez anos de vida, a CUT continua a traballar na
procura de “recuperar o espazo do sindicalismo galego e
combativo”. Naceu, no ano 1999, após dunha escisión da
CIG con a base dos militantes que lideraran as loitas
dos mariñeiros do banco canario-sahariano.
OBXECTIVOS NA UNIVERSIDADE
Recuperar a confianza nos órganos de representación
fomentando a comunicación cos traballadores/as e
mantendo unha absoluta independencia co goberno da
Universidade. Fomentando, tamén, a organización e
defensa dos intereses de todos os traballadores/as.
Activando a formación sindical, laboral e cultural, en
xeral. Defendendo o idioma de Galicia, o Galego.
Defendendo a cultura galega. Fomentando a participación
dos afiliados/as a tódolos niveis cívicos. Estreitando
lazos de solidariedade cos demais traballadores/as do
País.
PAS Laboral
Cos obxectivos anteriormente sinalados presentámonos ás
eleccións sindicais no colectivo laboral coa
candidatura:
Esta candidatura
composta por persoal fixo e interino conqueriu a maioría
absoluta do Comité de Empresa no que te representaremos coa
independencia e forza que ate agora se botaron a faaltar na
representación sindical.
PAS Funcionario
Non é a intención do sindicato crear disensións ficticias,
tampouco provocar máis división sindical, pero, na medida
que as reivindicacións do colectivo de funcionarios/as non
sexan vehiculizadas polos sindicatos que hoxe forman parte
da Xunta de Persoal, a CUT, ponse ao servizo desas
traballadoras/es para que se organicen e transladen as súas
lexítimas reclamacións a través do noso sindicato.