Relación de Postos de Traballo

Aprobada a RPT

21/12/2015 | A Consellería de Facenda, O Consello de Goberno e o Consello Social aprobaron a nova RPT que entrará en vigor unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia..

Votación da proposta de modificación da RPT e calendario de promocións

16/11/2015 | O pasado día 12 o PAS exerceu, mediante voto electrónico, o seu dereito a decidir sobre dous aspectos esenciais á hora de definir o futuro do colectivo. Por unha parte, o modelo organizativo único. Por outra parte, un calendario de promocións que posibilitará que se cumpran as expectativas de mellora para unha importante porcentaxe de traballadores e traballadoras.

RPT. Reunión coa Xerencia e da Xunta de Persoal

03/05/2015 | O pasado día 28 de abril tivemos reunión co xerente para falar esencialmente da RPT, aínda que aproveitamos para tratar outros asuntos. A Xerencia presentou as modificacións que vos comunicamos no PASquín anterior sinalando que agardaba que a proposta presentada propiciase un acordo, senón unánime, si maioritario da Xunta de Persoal. Indica, tamén, que ten coñecemento de que inmediatamente despois a Xunta de Persoal ten reunión e que agarda a resposta.

RPT. Última proposta da Xerencia

27/04/2015 | O pasado día 23 de abril o xerente remitiu a proposta que, segundo parece, será a definitiva. O xerente convoca, de paso, reunión da Comisión Negociadora da RPT para o día 28. A posición da Xerencia dista moito de aproximarse ao que nós entendemos poderiamos aprobar.

RPT. Reunións da Xunta de Persoal e da Comisión Negociadora

13/04/2015 |O pasado día 9, xoves, realizamos primeiro una reunión da Xunta de Persoal, na que analizamos a última proposta remitida pola Xerencia. Posteriormente O Comité de Empresa e a Xunta de Persoal reunírmonos co xerente.

Máis publicacións: 0 |