Oferta de Emprego Público

Situación actual. Oferta de Emprego Público

04/09/2017 | Despois dun longo proceso de “negociación”, o reitor e xerente, do mesmo xeito que fixeron coa Oferta de Emprego do ano 2016, deron por rematado o paripé, e pese á rotunda oposición da maioría da Xunta de Persoal reservaron, unha vez máis prazas do grupo A1 a quenda libre.

O concurso de méritos e as propostas de Oferta de Emprego incumpren os Estatutos

05/06/2017 | Esta pasada semana tivemos a constatación de que o equipo de goberno, ou ben descoñece os Estatutos da Universidade ou ben decide directamente incumprilos. O xerente, despois de que na última reunión “negociadora” reclamaramos, con argumentos, que o número de prazas da taxa de reposición tiña que se contemplar na Oferta de Emprego Público, presentou unha nova proposta para se discutir nunha reunión que convocou para o vindeiro martes día 6 de xuño. O incumprimento do establecido nos Estatutos apóiao, tamén, un dos sindicatos con presenza na Xunta de Persoal que, segundo o comunicado emitido, pretende que o 25% das prazas de acceso libre se reserve para o grupo A.

Proposta de Oferta de Emprego Público. Consideracións

29/05/2017 | O pasado xoves, día 25, na reunión convocada esencialmente para falar da proposta de Oferta de Emprego Público presentada pola Xerencia, centramos o debate no rexeitamento da proposta en base ao requirimento de que todas as prazas da Oferta (21) deben ser de postos base e de que, de ningún xeito, o orzamento derivado da taxa de reposición de 2016, poida ser destinado a sufragar as promocións, minorando o número de prazas da Oferta, tal e como se contempla na proposta da Xerencia.

Oferta de Emprego Público

15/05/2017 | Non hai lugar para o descanso, aínda non rematamos co chanchullo do concurso de traslados e xa comezamos a guerra da Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2017. Non temos acougo pero tampouco temos tempo para o desánimo. Coas mesmas forzas que defendemos que todas as prazas vacantes teñen que aparecer no concurso de traslados, reivindicaremos que todas as prazas da OEP a quenda libre teñen que ser de postos base.

Oferta de Emprego Público e a sen razón económica

15/05/2017 | Cada vez temos máis claro que reitor-xerente xogan co orzamento para limitar as prazas que na Oferta de Emprego Público poden saír a convocatoria libre. Por un lado limitan a valoración económica dos postos que quedaron vacantes no ano 2016. Por outro lado computa o orzamento total das prazas susceptibles de se ocupar por promoción interna, pero sen posibilidade de retorno do orzamento non utilizado.

Oferta de Emprego Público

08/05/2017 | Sabiamos, así volo comunicamos no seu día, que a presenza dunha praza da Escala axudantes arquivos, bibliotecas e museos da Universidade da Coruña na Oferta de Emprego Público (OEP) do ano 2016 non era máis que o comezo. Unha vez aberta a espita non se ía pechar e nas sucesivas OEP multiplicaríanse as prazas de grupos superiores limitando substancialmente as convocatorias de postos base.

Taxa de Reposición e Oferta de Emprego Público

02/05/2017 | Despois de que na reunión realizada coa Xerencia, o día 24, evidenciaramos que na proposta remitida á Xunta de Persoal, na que se reflectía o Cómputo das prazas que computaban para establecer a taxa de reposición do ano 2016, faltaba algún posto do que tiñamos constancia de que debía ser contemplado, puxémonos mans á obra para revisar en profundidade o estado da RPT. Do estudo que realizamos e que presentamos na reunión da Xunta de Persoal do día 26 conclúese que na proposta remitida faltan un importante número de prazas que pasamos a enumerar e que incrementan, de xeito importante dentro das limitacións impostas polo PP, a posible Oferta de Emprego Público.

Máis publicacións: 0 |