Denuncias

Comisións de servizos. A Xerencia incumpre reiteradamente a normativa

05/06/2017 | A Xerencia que ven de propoñer á Xunta de Persoal a modificación da Resolución da Xerencia 1/2014, do 9 de xullo de 2014, pola que se ditan instrucións para a cobertura temporal de postos de traballo de PAS funcionario en comisións de servizos, nos termos que a Xunta de Persoal vos achegou, incumpre, cando lle ven en gana, as determinacións que nela se contemplan.

Concurso de traslados. Recursos

29/05/2017 | O xoves, a raíz da desaparición da páxina web institucional das referencias ao concurso de traslados, comezamos a recibir consultas sobre a súa situación. Tendo en conta que se informou de que varias seccións sindicais recorremos a convocatoria, estendéronse as dúbidas sobre a súa posible paralización..

Recurso á convocatoria de concurso de traslados

22/05/2017 | Na última reunión da Xunta de Persoal tratamos sobre a posibilidade de recorrer a convocatoria de concurso de traslados publicada no DOG de 17 de abril de 2017. Desde a APA manifestamos a nosa vontade de facer o recurso, de ser posible como órgano de representación. Na situación en que se atopa a agrupación á que representamos, non temos asesoría xurídica propia pola que canalizar este tipo de recursos, solicitamos dos outros sindicatos con representación na Xunta de Persoal que, de ser posible, realizasen o recurso co compromiso de que a representación de APA abonaría a parte económica que lle correspondese.

Comisións de servizos. Execución da sentenza

10/04/2017 | Transcorrido o prazo para a presentación de recurso de apelación, a sentenza de nulidade das prórrogas das comisións de servizos ten que levarse a efecto. A Universidade está obrigada a restituír a legalidade anulando as prórrogas realizadas nos anos 2016 e 2017. Polo seu proceder, evidénciase que a Xerencia deixa, de novo, que o tempo transcorra sen mover ficha.

Comisións de servizos. Sentenza

13/03/2017 | A nosa intención foi, é e será sempre buscar a máxima unidade de acción na Xunta de Persoal. De tódolos xeitos, se isto non é posible, non renunciamos á nosa autonomía para levar a efecto as accións que consideremos oportuno realizar. Cando, hai máis dun ano nos vimos na obriga de interpoñer, en solitario, o recurso contra as prórrogas das comisións de servizo do persoal funcionarizado, sabiamos que non cabía outro fallo que o que reflicte a sentenza que vos xuntamos. Non obstante eramos conscientes de que o xeito de obrigar á Xerencia e reitor a cumprir a legalidade era proceder desta maneira, aínda que tivésemos que pagar nós mesm@s o recurso.

Comisións de servizo

05/12/2016 | O que aconteceu, e segue a suceder, coas comisións de servizo é un feito máis no camiño iniciado pola Xerencia e o equipo de goberno. Sáltanse calquera regulamentación, tanto xeral como propia, que poida limitar o seu marco de toma de decisións. Deste xeito, os acordos e normativa convértense en papel mollado para actuar, cando interese, de xeito discrecional.

APA denuncia no contencioso-administrativo o incumprimento da normativa de comisións de servizos

29/02/2016 | Na campaña para a elección do novo reitor sinalabamos a importancia que para o colectivo tiña a existencia dunha normativa que regulase os comportamentos da administración. Atopámonos, nesta ocasión, coa situación de que existindo un regulamento pactado entre a representación institucional e a representación das funcionarias e funcionarios, a Xerencia, coa anuencia do reitor decide incumprir a Resolución.

Máis publicacións: 0 |