Consello de Goberno e Consello Social

Resumo da reunión do Consello de Goberno de 28/09/2017

02/10/2017 |O pasado xoves, día 28, realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno na que como sabiamos, non ía ser doutro xeito, aprobouse a Oferta de Emprego Público do ano 2017. Como sempre, tamén, as discusións co reitor foron importantes e subidas de ton, demostrándose, unha vez máis, o nulo talante do equipo de goberno, e o pouco importantes que somos para eles, chegando incluso a intentar nomear no nome do colectivo unha persoa para unha das comisións.

Resumo do Consello de Goberno do día 31/05/2017

05/06/2017 |O pasado día 31 de maio realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Ademais de participar, como membros da comunidade universitaria, na toma de decisións que se realizan neste órgano de goberno da Universidade, sérvenos de altofalante para que os demais representantes e o equipo de goberno da universidade coñezan de xeito directo as reivindicacións, preocupacións etc. que o noso colectivo quere facerlles chegar.

Resumo do Consello Social do 04/05/2017

08/05/201 | Como representantes do PAS temos a obriga de trasladar o parecer do colectivo nos órganos de goberno onde temos representación, posibilitando que, como mínimo os sectores representados neses órganos teñan constancia da nosa opinión nos temas a tratar e tamén coñecer directamente as preocupacións e asuntos que, sendo transcendentes para o PAS, corresponde informar.

Resumo do Consello de Goberno do día 27/04/2017

02/05/2017 | Como xa se vai convertendo en algo habitual, a reunión do Consello de Goberno aproveitouse, neste caso pol@s estudantes, para reclamar contra os recortes que se están a levar a cabo coa PDA. No seu chamamento o alumnado sinalaba que “O reitorado pretende eliminar o 30% das clases presenciais nas carreiras técnicas da UDC. Este ano nas materias optativas e en próximos cursos no resto. Non imos consentir este recorte!”

Concurso de méritos. Mobilización

03/04/2017 | O pasado día 29, convocados pola Xunta de Persoal concentrámonos, primeiro na porta principal da Reitoría, posteriormente trasladámonos á porta da sala onde se realizou o Consello de Goberno para berrarlles, de cerca, que reclamamos o concurso segundo o acordado. Unha vez rematado o Consello de Goberno presentámonos na Sala de Prensa na que o reitor convocara aos medios de comunicación para transmitirlles o tratado na sesión do Consello de Goberno. Nesta ocasión, tanto a Cadena Ser, como La Voz de Galicia informaron das nosas reivindicacións.

A Xunta de Persoal convoca asembleas e concentración

27/03/2017 | Cumpriuse a previsión. O xerente non moveu ficha nos 15 días de prazo que lle deu a Xunta de Persoal para que convocase o concurso de traslados segundo o acordado que lembramos consistía en que as bases serían as mesmas que as do último concurso realizado no ano 2014 e no que aparecerían todas as prazas vacantes. Que o xerente non ía proceder do xeito que se lle requiría sinalámolo nas asembleas que convocamos como APA, pois sabiamos que o reitor e xerente teñen unha firme decisión ao respecto. A constatación da negativa institucional obriga á convocatoria de asembleas para efectuar un debate, como órgano de representación, que como agrupación xa realizamos.

Reunión do Consello de Goberno do día 23 de febreiro

27/02/2017 | O pasado día 23 realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Non puidemos informar da convocatoria no anterior PASquín porque, á hora de pechar a súa edición, non recibiramos ningunha información dos temas a tratar nin do se desenvolvemento. Agora, a touro pasado, facémosvos un resumo da sesión nos temas que máis poden ser de interese para o colectivo.

Reunión do Consello de Goberno

30/01/2017 | O pasado día 26 de xaneiro realizouse unha nova reunión do Consello de Goberno. Como é habitual aproveitamos estas reunións para que a comunidade universitaria teña constancia das circunstancias que máis preocupan ao noso colectivo.

Máis publicacións: 0 |