Concurso

Concurso de traslados. Iniciado o recurso

11/09/2017 | O pasado xoves, día 7, reunímonos na sede de CCOO coa avogada que levará o recurso contencioso-administrativo contra convocatoria de concurso por non recoller, no Anexo 1, todos os postos vacantes.

Situación actual. Concurso de traslados

04/09/2017 | Como informamos con anterioridade, APA, presentamos recurso de reposición á convocatoria de concurso de traslados, mediante dito recurso pretendiamos que se reconsiderase o feito de excluír, no Anexo 1, as prazas do Servizo de Informática e Comunicacións. A institución rexeitou as nosas pretensións polo que non nos queda outra opción que o recurso pola vía contencioso administrativa.

O concurso de méritos e as propostas de Oferta de Emprego incumpren os Estatutos

05/06/2017 | Esta pasada semana tivemos a constatación de que o equipo de goberno, ou ben descoñece os Estatutos da Universidade ou ben decide directamente incumprilos. O xerente, despois de que na última reunión “negociadora” reclamaramos, con argumentos, que o número de prazas da taxa de reposición tiña que se contemplar na Oferta de Emprego Público, presentou unha nova proposta para se discutir nunha reunión que convocou para o vindeiro martes día 6 de xuño. O incumprimento do establecido nos Estatutos apóiao, tamén, un dos sindicatos con presenza na Xunta de Persoal que, segundo o comunicado emitido, pretende que o 25% das prazas de acceso libre se reserve para o grupo A.

Concurso de traslados. Recursos

29/05/2017 | O xoves, a raíz da desaparición da páxina web institucional das referencias ao concurso de traslados, comezamos a recibir consultas sobre a súa situación. Tendo en conta que se informou de que varias seccións sindicais recorremos a convocatoria, estendéronse as dúbidas sobre a súa posible paralización.

Recurso á convocatoria de concurso de traslados

22/05/2017 | Na última reunión da Xunta de Persoal tratamos sobre a posibilidade de recorrer a convocatoria de concurso de traslados publicada no DOG de 17 de abril de 2017. Desde a APA manifestamos a nosa vontade de facer o recurso, de ser posible como órgano de representación. Na situación en que se atopa a agrupación á que representamos, non temos asesoría xurídica propia pola que canalizar este tipo de recursos, solicitamos dos outros sindicatos con representación na Xunta de Persoal que, de ser posible, realizasen o recurso co compromiso de que a representación de APA abonaría a parte económica que lle correspondese.

Situación actual

24/04/2017 | Despois de que o pasado día 17 o DOG publicase a RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2017 pola que se convoca o concurso de méritos para a provisión de diversos postos de traballo correspondentes ao persoal funcionario de administración e servizos. A Xerencia convoca á Xunta de Persoal este luns, día 24 a unha para debater sobre a Oferta de Emprego Público do ano 2017 que, como ocorreu coa de 2016 contemplará, esta vez agardamos que sen sorpresas, tanto as promocións como as prazas de acceso libre.

Máis publicacións: 0 |