Claustro

Resumo da reunión do Claustro Universitario do día 15/05/201

22/05/2017 | O pasado luns, día 15 de maio realizouse unha reunión do Claustro Universitario no que, ademais de participar nas decisións que competen ao órgano en cuestión, serviu, tamén, de altofalante para que, a comunidade universitaria e a opinión pública en xeral coñezan a situación pola que atravesa o colectivo e as reivindicacións que mantemos neste momento.

APA inicia o procedemento para a convocatoria dun Claustro extraordinario

26/12/2016 | A gravidade da actuación do equipo de goberno da universidade no proceso de aprobación da Oferta de Emprego Público de 2016 leva á representación da Alternativa de PAS Asemblearia no Claustro Universitario ao inicio do procedemento para a convocatoria dun claustro extraordinario que convoque novas eleccións a reitor, se conseguimos o número de representantes que se contempla no seu Regulamento de Réxime Interno .

Resumo da sesión do Claustro do día 14/12/2016

19/12/2016 | Ademais da información oficial que a propia universidade emitiu do desenvolvemento da sesión do Claustro queremos sinalar as intervencións realizadas polos nosos representantes que, como era previsible comezaron cunha cuestión de orde debido ao manifesto retraso no envío da información relativa ao punto 3 da orde do día.

Día 14 de decembro. Reunión do Claustro Universitario

12/12/2016 | O vindeiro mércores, día 14, realizarase unha reunión do Claustro. Ao peche da edición do PASquín, o sábado día 10, as persoas que formamos parte do “máximo órgano de representación da comunidade universitaria”, non recibiramos, aínda, a información relativa ao punto 3. Aprobación das liñas xerais orzamentarias para o exercicio 2017, feito que, ao noso entender incumpre o Regulamento de réxime interno do Claustro.

O Claustro debateu a proposta da CEPREA

17/10/2016 | O pasado xoves, día 13 de outubro, reuniuse o Claustro da universidade para debater a proposta de “racionalización” de centros e departamentos. O equipo de goberno despois do rexeitamento das fusións de centros, o eixo da proposta inicial nas reducións previstas, optou por “suavizar” a súa proposta limitando a fusión aos centros que voluntariamente decidan optar por esta vía (contémplanse exclusivamente dúas posibilidades, as politécnicas en Ferrol e as da rama sanitaria do Campus de Oza), centrándose na redución dos cargos de xestión nos centros e a redución do número de departamentos.

Máis publicacións: 0 |