05/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
As ONG's galegas advirten do impacto da reforma nas políticas sociais
A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento únese ás mobilizacións convocadas polas organizacións sociais contra a reforma da Constitución. A limitación do déficit público proposta supoñerá un impacto negativo sobre as políticas sociais e de desenvolvemento, nun momento no que a crise está a afectar de xeito máis agresivo ás persoas máis vulnerables.
Ante unha situación de crise complexa como a
que estamos a vivir, o principio que debe rexer as
decisións políticas é o de garantir os dereitos
humanos das persoas por enriba dos mercados.
Estamos asistindo, en troques, a iniciativas que
impactan directamente sobre as políticas sociais e
de redución da pobreza e non sobre as persoas que
causaron a crise.
Non se cuestiona a necesidade de establecer un
acordo obrigatorio sobre a estabilidade
orzamentaria no medio e largo prazo, cuestiónanse
as formas e o canle utilizado, que novamente
responde ós intereses dos mercados e non aos das
persoas máis afectadas pola crise.
A sociedade civil española ten deixado ben claras
as súas demandas e esixe un diálogo político que
derive en medidas que sitúen ás persoas e as súas
necesidades no centro.
Por todo isto, xunto ao resto de organizacións
sociais asinantes, acordamos:
- Participar en manifestacións que sexan convocadas
para tal fin.
- Apoiar mobilizacións e iniciativas que se
convoquen en contra da reforma da Constitución.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript