Número 99 - 05 de setembro de 2011
 
 
MODIFICACIÓN CONSTITUCIONAL: REFERENDO XA!

    O Congreso aprobou a reforma da Constitución, os votos dos partidos maioritarios, representantes políticos dos intereses do capital, xunto cos que estiveron a piques de facelo (querían votala pero non puideron, maldita transaccional), consumaron o golpe de estado neoliberal.

ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Unha recente sentenza do TS confirmou que calquera Administración Pública pode poñer na rúa a todos ou parte dos seus interinos laborais simplemente mediante unha orde na cal amorticen (supriman) as prazas sen necesidade de facer un ERE nin lles pagar despedimentos obxectivos. É dicir, á rúa sen indemnización.

REFORMA CONSTITUCIONAL

    A Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento únese ás mobilizacións convocadas polas organizacións sociais contra a reforma da Constitución. A limitación do déficit público proposta supoñerá un impacto negativo sobre as políticas sociais e de desenvolvemento, nun momento no que a crise está a afectar de xeito máis agresivo ás persoas máis vulnerables.

LABORAL - MÁIS PARO

    Unha vez máis ponse de manifesto que a precariedade que se está a xeneralizar a través das sucesivas normativas que conforman a reforma laboral, non son a solución para rematar co paro, pola contra o desemprego medra respecto a 2010 en 13.050 persoas, o que supón un 6,17 por cento máis.

GALICIA - FUNCIÓN PÚBLICA

    Denuncian que "moita xente de fóra, sen antigüidade, e con notas malas aprobou logo dos bos resultados que tiveron na segunda proba, na que o tribunal non respectou a base"

LINGUA

    M. Obelleiro . De hoxe ao venres, teñen lugar as xornadas 'Lingua e diversidade. Val do Ellas: a lingua que nos une' neste recanto noroccidental de Cáceres. O catedrático de Filoloxía Galega e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, Henrique Costas, é un dos organizadores deste congreso no que participarán máis de 300 estudantes de Galiza e de Estremadura. O estudoso da Fala debulla nesta entrevista algunhas claves do 'galego reencontrado' que se fala en Cáceres.

FISCALIDADE

    O Goberno español, ao contrario do que están a facer países como Francia e Alemaña, non aprobará un aumento adicional dos impostos ás rendas altas para incrementar a recadación de Facenda e así asegurar que se cumpre o obxectivo de déficit de aquí a 2013.

ECOLOXIA

    Un camión cisterna estacionado na área de servizo da AP-9 derramou esta noite uns 37.000 litros de combustible que afectaron á rede de pluviais de Culleredo e á ría

FERROL

    Tal como se esperaba, o novo goberno municipal do PP ataca de novo contra as Casas Baratas. Aos veciños xa non nos colle de sorpresa, pois desde fai trinta anos, algúns integrantes do Partido Popular ferrolán convertéronse na "besta negra" da nosa barriada. Metéuselles entre cella e cella o da derriba e non hai xeito de facerlles respectar os seus propios acordos.

    
  •   
 
 LABORAL - MÁIS ERE

    O número de traballadores afectados por un expediente de regulación de emprego (ERE) en Galicia multiplicouse case por tres entre xaneiro e maio, en relación ao mesmo período do ano pasado, ao subir dende 5.314 persoas a 14.126 (o incremento é do 165,8%), o que deixa a comunidade como a que rexistrou o maior aumento.

 CRISE
    As cidades industriais de Ferrol e Vigo, xunto con Pontevedra, onde predomina o sector servizos, son as que rexistran un maior número de contratos temporais entre o sete grandes urbes galegas
    ENSINO NON UNIVERSITARIO
    Contra a política de desmantelamento e pola calidade do ensino público programáronse varias xornadas de mobilización no sector que principiarán o vindeiro venres 9 de setembro en Compostela cunha manifestación unitaria, continuarán o día 20 cun paro de brazos caídos, e os días 21 e 27, para os que se convoca folga xeral.

     

 ECONOMÍA - PARA ELES TODO
    O Fondo Monetario Internacional (FMI) estima que os bancos europeos poderían afrontar un déficit de capital de 200.000 millóns de euros, segundo informou unha fonte europea ao diario británico 'Financial Times', a tranquilidade é a súa tónica, saben que polo camiño que imos pagaremos entre toda a cidadanía.
 DENUNCIA
    A clase política vive nun universo paralelo no que non está suxeita ás obrigas dos comúns dos mortais, os privilexios chegan até límites insospeitados. Na Xuntanza Indignada de Cambre presentouse este resumo elaborado a partir do explicitado no libro La Casta.
 OPINIÓN – ISAAC ROSA
    Ata agora, un regresaba en setembro e medía a duración das súas vacacións polos cambios que vía no barrio: un bar novo, unha tenda pechada, unha glorieta reformada, unha rúa que cambia de sentido. Pero agosto xa non é o que era, e este ano volvemos con sensación de ter pasado un lustro en coma, polo que cambiou todo.
 HIPOTECAS
    O Xulgado do Mercantil número 11 de Madrid admitiu a trámite a ampliación da demanda presentada pola asociación Adicae contra as "cláusulas chan" das hipotecas a 56 entidades financeiras máis, o que suma un total de 101, segundo o decreto ditado polo xulgado.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

     

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

    O día 6 de setembro reunión do Comité

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript