setembro de 2011
 
 

05/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Galicia: entre xaneiro e maio os traballadores en ERE multiplícanse por tres

O número de traballadores afectados por un expediente de regulación de emprego (ERE) en Galicia multiplicouse case por tres entre xaneiro e maio, en relación ao mesmo período do ano pasado, ao subir dende 5.314 persoas a 14.126 (o incremento é do 165,8%), o que deixa a comunidade como a que rexistrou o maior aumento.

 

  • Noticias relacionadas

 

Segundo os datos distribuídos polo Ministerio de Traballo e Inmigración, autorizáronse, en Galicia, 549 expedientes nos cinco primeiros meses do ano, o que supón un incremento do 24,2% respecto ao mesmo período de 2010.
 
Os afectados por ERE de extinción de emprego ata maio foron 1.450 traballadores/as, o que supón case tres veces máis que no mesmo período do ano pasado. Os afectados por ERE de suspensión temporal foron 11.486 traballadores/as o que supón un incremento do 147,5% máis que fai un ano. Os de redución da xornada laboral foron 1.190, xusto mil máis que entre xaneiro e maio de 2010 (un 626% máis).
 
POR PROVINCIAS
 
A máis afectada foi a de Pontevedra, con 10.405 persoas, en 2010 eran, no mesmo período, 3.068.
 
A Coruña, os ERE afectaron a 2.566 traballadores/as. En 2010 foron 1.845 entre xaneiro e maio.
 
En Lugo foron 680 os afectados/as, fronte aos 318 de 2010.
 
Ourense pasou de 83 expedientes en 2010 a 475 en 2011.
 
Como se pode observar, na nosa nación, o panorama é devastador, a destrución de emprego multiplícase dun xeito insoportable, a economía produtiva contráese exponencialmente, os niveis de benestar redúcense na mesma proporción que se reduce o emprego e/ou a seguridade no traballo. O desmantelamento progresivo da administración pública e dos servizos básicos á cidadanía agravan aínda máis a situación.


 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript