setembro de 2011
 
 

05/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Mobilizacións no ensino público

Os datos de contratación de profesorado interino que este mércores ofreceu o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, non reflicten a realidade, xa que ocultou un recorte de persoal evidente posto que, aínda que se contrataron os 27 novos interinos en educación Primaria que anunciou Vázquez, case 800 prazas quedaron sen cubrir.

 

  • Noticias relacionadas

 

Polos recortes que o goberno do PP está a introducir no ensino público, recortes en docentes, incremento da carga lectiva para os profesores/as, carencias de persoal de administración e servizos e o peche de aulas agrupando aos alumnos son a leña que fará de setembro un mes conflitivo que afectará a uns 240.000 estudantes. O novo curso escolar que comezará para o alumnado de primaria o día 12 e para o de secundaria o 16. será especialmente “movido”.
 
Mentres que desde a Xunta se procede a esta política de recortes o executivo intenta enganar á opinión pública ocultando a realidade. Os datos de contratación de profesorado interino que este mércores ofreceu o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, non reflicten a realidade, xa que ocultou un recorte de persoal evidente posto que, aínda que se contrataron os 27 novos interinos en educación Primaria que anunciou Vázquez, case 800 prazas quedaron sen cubrir.
 
Contra a política de desmantelamento e pola calidade do ensino público programáronse varias xornadas de mobilización no sector que principiarán o vindeiro venres 9 de setembro en Compostela cunha manifestación unitaria, continuarán o día 20 cun paro de brazos caídos, e os días 21 e 27, para os que se convoca folga xeral.
 
Está en xogo a pervivencia do ensino público. Desde aquí o noso apoio a todas as accións que se convoquen.

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript