05/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O golpe de estado neoliberal deu o seu primeiro paso
O Congreso aprobou a reforma da Constitución, os votos dos partidos maioritarios, representantes políticos dos intereses do capital, xunto cos que estiveron a piques de facelo (querían votala pero non puideron, maldita transaccional), consumaron o golpe de estado neoliberal.
A modificación aprobada anula a soberanía do
estado fronte á comunidade europea que será a que
fixe a capacidade de endebedamento tanto do estado
como das comunidades (pon, negro sobre branco quen
goberna no noso estado).
Contempla a denominada regra de ouro orzamentaria
ao fixar "un teito orzamentario" onde se limita o
gasto público, institucionalizando así na
Constitución as políticas de recortes sociais no
gasto público e nos servizos sociais.
Establece, literalmente, que “Os créditos para
satisfacer os intereses e o capital da débeda
pública das Administracións entenderanse sempre
incluídos no estado de gastos dos seus presupostos
e o seu pagamento gozará de prioridade absoluta”, é
dicir que, nunha situación de crise, pode non haber
cartos pero hai que pagar a débeda contraída co
capital antes de satisfacer calquera necesidade
social.
A banca, o capital especulativo, será o gran
beneficiado deste acto antidemocrático, todos estes
especuladores, cos cartos distribuídos desde o
propio estado e/ou mediante os créditos
distribuídos desde o propio BCE a un interese que
roldaba o 1% dedicáronse a comprar débeda pública a
intereses desorbitantes debido á situación de crise
que eles mesmos provocaron.
O propio BCE está comprando desde fai semanas
débeda pública de países como o estado español,
Italia….
O capital asegúrase deste xeito que se lle vai a
devolver o investido cos seus correspondentes
intereses pois a satisfacción de todas as débedas
contraídas terán prioridade sobre as necesidades da
cidadanía, poñendo en cuestión mesmo a sanidade,
educación, pensións, paro, soldo dos
traballadores/as públicos… O estado próstrase
diante do capital.
Esquecen, unha vez máis os partidos que aprobaron
ou se abstiveron na votación, que o problema non é
o incremento do gasto, senón a falta de recadación,
como consecuencia dunha fiscalidade inxusta e da
amplitude da fraude fiscal (a explicación xa nola
deu José Blanco, “non hai tempo para introducir
novos impostos” mentres que si hai tempo para a
modificación da Constitución, tómannos coma sempre
por tontos/as).
Mentres que o poder político e económico estea nas
mesmas mans o capital nunca pagará.as súas crises.
Esiximos a apertura dun novo proceso constituinte
no que se elabore unha nova constitución que, entre
outras cousas, asegure os dereitos nacionais de
Galicia (nesta as forzas armadas garanten a unidade
da “patria”), que remate coa monarquía (herdanza do
franquismo), coa pena de morte e que asegure os
dereitos económicos, sociais, de participación
política… da cidadanía.
Na loita de clases que se está a evidenciar coa
saída á crise capitalista, a modificación da
constitución abre unha nova fronte contra os
dereitos dos traballadores e traballadoras á que
tamén temos que dar resposta.
Insistimos na receita, toda esta política
neoliberal, contraria aos intereses da clase
obreira, ten só unha saída: a unidade e a loita.
Cada día faise máis evidente a necesidade da
convocatoria dunha nova folga xeral.
CONTRA Á CONSTITUCIÓN CAPITALISTA, CENTRALISTA E
MONÁRQUICA!
CONTRA O CAPITAL, FOLGA XERAL!
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript