29/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
60 galegos esperan dende 2008 a resolución dunhas oposicións
Un total de sesenta aspirantes ao corpo superior da Xunta, o subgrupo A1, levan esperando máis de tres anos para despexar o seu futuro laboral, debido a que a Administración galega superou os prazos máximos que marca a lei para resolver un proceso selectivo mediante o cal tiña previsto dotarse de 41 novos funcionarios para diferentes servizos.
O atraso no fallo inqueda aos opositores,
entre os que hai varios desempregados e interinos,
e provocou unha airada reacción do PSDEG, que a
través do deputado José Manuel Lage emprazou ao
presidente Núñez Feijoo a «porlle freo ao caos» que
ao seu xuízo impera nas oposicións das Xunta.
O PSDEG rexistrou unha interpelación no Parlamento
para pór en evidencia as «graves irregularidades»
no proceso selectivo do corpo superior da Xunta
publicado en maio do 2008, aínda co anterior
Goberno bipartito, e a que aclare os motivos que
levaron á Administración autonómica «a ter
incumprido de xeito grave a lexislación vixente en
materia de función pública». O portavoz da área
institucional dos socialistas apunta, así mesmo,
que o incumprimento legal dos prazos é dobre.
Pasouse o tope de tres anos para pechar a OPE
(oferta pública de emprego), pero tamén se superou
de forma flagrante o prazo de 9 meses para resolver
un concurso-oposición desde a súa convocatoria, que
neste caso foi o 30 de xullo do 2008.
O PSDEG emprazou a Feijoo a resolver xa este
asunto, pois recordou que entre os aspirantes hai
persoas «que están a piques de esgotar a prestación
por desemprego e outras persoas subsisten con axuda
dá familia».
Xornais
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript