Número 98 - 29 de agosto de 2011
 
 
MODIFICACIÓN CONSTITUCIONAL: REFERENDO XA!

    Non imos ter unha modificación constitucional que reflicta os dereitos nacionais de Galicia. Non imos ter unha modificación constitucional que elimine dunha vez a monarquía como "forma politica do Estado". Imos ter unha modificación constitucional, sen a consulta preceptiva a través dun referendo, que establecerá o que os mercados veñen reclamando desde fai tempo, o límite de gasto na administración pública.
     
    A limitación do gasto, acordada entre PSOE e PP, é un ataque directo ás políticas públicas que redundan no benestar dos cidadáns.

LABORAL - MÁIS REFORMA

    Mentíusenos cando se xustificou a reforma laboral que o Goberno aprobou en xuño do ano pasado en que ía rematar coa temporalidade e fomentar a contratación indefinida, o que realmente se pretendía era xeneralizar, a través da eventualidade e da contratación a tempo parcial, a precariedade.
     
    O que naquel momento se ocultou agora lexíslase, o goberno ven de aprobar que durante dous anos quedará suspenso o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores, no que se recolle que quedarán fixos aqueles empregados que nun prazo de 30 meses estivesen contratados durante máis de dous anos para o mesmo ou diferente posto de traballo coa mesma empresa ou grupo de empresas mediante dous ou máis contratos temporais.

FUNCIÓN PÚBLICA

    Segundo o PSdeG o Goberno galego está a vulnerar os prazos máximos para a resolución dunha Oferta Pública de Emprego, que son de tres anos. En total, son sesenta os galegos que optan ás 40 prazas convocadas e que aínda agardan polo resultado das probas. "Algúns están no paro e están a punto de esgotar a súa prestación por desemprego e outras persoas subsisten grazas a que lle piden axuda á familia"

GASTOS MILITARES

    De portas dentro, o Ministerio de Defensa ten unha dura guerra que librar. O departamento de Carme Chacón sofre o enorme déficit que xeraron os denominados programas de modernización do Exército.
     
    Entre 1996 e 2007, Defensa promoveu un investimento de 4.000 millóns anuais (financiado ao 50% con créditos de Industria). Isto xerou un crecemento sen precedentes do negocio de tecnoloxía militar ao longo da pasada década. Non obstante, tamén creou unha débeda de 24.000 millóns.

LINGUA

    Que Vilariño Anca sexa o responsábel de defender o galego é ”pór o raposo a coidar das galiñas”, manifesta Carlos Outeiro

NON HAI PAN PARA TANTO CHOURIZO

    Á marxe dos deputados que teñan dedicacións exclusivas, o resto de membros da corporación provincial cobrarán 591 pola asistencia á sesión plenaria de carácter mensual.

INTERNACIONAL

    Para o movemento estudantil manter o recordo é difícil pola súa constante renovación de cadros e dirixentes. Esta característica, que lle achega unha clara vitalidade democrática, pode ser tamén un problema se se deixa de ter en conta que as transformacións que se promoven hoxe xa foron pensadas e discutidas baixo outros contextos polas xeracións anteriores.

FORO SOCIAL FERROLTERRA

    Unha vez adiado 'sine die' a realización do "II Foro Social Galego" que estaba previsto que tivera lugar en Ferrol este ano, as entidades máis implicadas na súa organización, consideramos a posibilidade de aproveitar a sinerxia acumulada no proceso de debate e organización do mesmo, para a realización dun Foro de ámbito local en Ferrol.

    
  •   
 
 LABORAL - MÁIS REFORMA

    Zapatero esfórzase en amosar a súa servidume ao capital até o último minuto do seu mandato. No Consello de Ministros do venres aprobouse, tamén, un novo contrato formativo ata os 30 anos. Este contrato, teoricamente, compaxinará formación e traballo.
     
    É de público coñecemento, por experiencias anteriores, que esta modalidade contractual só serve para precarizar aínda máis o mercado laboral ó poñer a disposición do empresariado traballo real como se fose de formación, o/a traballador/a cobrar o Salario Mínimo Interprofesional pola parte proporcional do tempo real de traballo e liberarse ao empresario do pago de até o 100% das cotizacións empresariais.

    CRISE ECONÓMICA
    A saída da crise esta a ser tan descaradamente cargada no lombo da clase obreira que en Estados Unidos, Warren Buffet, o terceiro home máis rico do mundo “lamenta que os 'súper ricos de Estados Unidos pagan poucos impostos mentres os cidadáns de a pe cargan sobre as súas costas o peso das arcas públicas norteamericanas”.

     

 ECONOMÍA
    O gasto público cumpre unha función redistributiva. A actividade financeira do Estado intenta recadar recursos dos estratos de maior ingreso, para financiar a satisfacción de necesidades dos sectores máis pobres (saúde, educación, seguridade, etc) a través do gasto público, e desta maneira pode contribuir a unha redistribución socialmente máis xusta dos recursos.
 REFORMA LABORAL
    Nin contratación nin estabilidade no emprego, os obxectivos que aduciron para lexislar non se cumpren. En Galicia, tanto a contratación indefinida como o número de asalariados caeu. A repercusión que tivo a norma é negativa e seguirao sendo no futuro porque só serve para facilitar o despedimento barato e rápido
 UNIVERSIDADES

    O financiamento que un universitario recibe por participar nun programa Erasmus varía segundo a comunidade autónoma e as entidades que presten axuda complementaria ás que poida acceder

 CRISE - ISLANDIA
    Contrariamente ao que se podería esperar, a crise deu lugar á recuperación dos dereitos soberanos dos islandeses, a través dun proceso de democracia directa participativa que finalmente conduciu a unha nova Constitución. Pero só despois de moita dor.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

     

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript