agosto de 2011
 
 

29/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O goberno absolutamente servil cos capitalistas

A saída da crise esta a ser tan descaradamente cargada no lombo da clase obreira que en Estados Unidos, Warren Buffet, o terceiro home máis rico do mundo “lamenta que os 'súper ricos de Estados Unidos pagan poucos impostos mentres os cidadáns de a pe cargan sobre as súas costas o peso das arcas públicas norteamericanas”.

 

  • Noticias relacionadas

 

Algo semellante aconteceu en Francia onde varias das maiores fortunas e dos principais empresarios de Francia, incluíndo a multimillonaria herdeira de L'Oreal, Liliane Bettencourt, e os conselleiros delegados de multinacionais como Veolia, Danone, Total ou Société Générale, asinaron unha proposta na que solicitan o Goberno que estableza unha "contribución excepcional" que grave ás rendas máis elevadas e colaborar así no "esforzo solidario" necesario para protexer o futuro económico do país galo sinalando no propio comunicado que “Somos conscientes de que nos beneficiamos plenamente do modelo”.
 
Mentres que en Francia, cun goberno de dereitas, decidiu aplicarlles un  imposto especial do 3% ás rendas superiores a 500.000 € (a todas luces insignificante), o goberno do estado español, absolutamente condicionado polos seus compromisos coa oligarquía, non se atreve a tomar nin a máis leve das medidas contra os que provocaron a crise capitalista e explotaron a denominada burbulla inmobiliaria até a súa explosión.
 
O goberno “socialista” do estado, para facer máis tragadeiras as medidas antiobreiras, e cada vez que se dispón a lexislar unha destas medidas, ameaza con aplicar un imposto deste mesmo ou semellante tipo. Ao final nunca se lexisla en contra dunha caste que no estado español controla descaradamente á clase política.
 
Isto ocorreu, de novo, Salgado anunciara o mércores nunha entrevista na Cadea Ser que o Goberno pensaba aprobar un aumento da presión fiscal ás grandes fortunas. Concretamente, dixo que "Para un imposto novo sobre grandes fortunas non hai tempo. Para aumentar a presión sobre as grandes fortunas, permítame que esperemos ao venres".
 
Finalmente no Consello de Ministros de hoxe, venres, onde, xunto coa consabida modificación constitucional, aprobáronse novas medidas que redundan nas políticas favorecedoras dunha maior precarización do mercado laboral: rematar co límite de encadear contratos temporais e un novo contrato de formación disto non se falou para nada.
 
Preguntado ao respecto, o ministro Portavoz, José Blanco, limitouse a dicir que "é evidente que este tema non se abordou no Consello de Ministros porque, si se abordara, eu informaría diso".
 
Sabemos a que intereses serve o goberno actual e o que segundo parece gobernará despois do 20 de novembro. Estamos expectantes diante da actitude dos grandes sindicatos aos que vimos reclamando un maior compromiso de clase e a convocatoria doutra folga xeral que poña en valor á clase da que somos representativos. Nós continuaremos coas mobilizacións neste sentido. Non temos outra saída.
 
FAI FALTA XA OUTRA FOLGA XERAL!!.


 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript