agosto de 2011
 
 

29/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A contratación parcial crece un 85% entre as mulleres galegas pola reforma laboral

Nin contratación nin estabilidade no emprego, os obxectivos que aduciron para lexislar non se cumpren. En Galicia, tanto a contratación indefinida como o número de asalariados caeu. A repercusión que tivo a norma é negativa e seguirao sendo no futuro porque só serve para facilitar o despedimento barato e rápido

 

  • Noticias relacionadas

 

Galicia perdeu ata xuño 13.650 traballadores asalariados e o colectivo máis afectado foi o dos empregados indefinidos, cunha perda de 7.700 traballadores, fronte á caída de 5.900 que se rexistrou entre os asalariados con contratos temporais. Rexistrouse unha contracción do 2,5% nos contratos de xornada laboral completa fronte ao aumento do 5,2% que rexistrou a parcial, en especial no caso das mulleres, colectivo no que creceu un 85%.
 
Como vimos denunciando, a lexislación aprobada outorga maior discrecionalidade ao empresario e deixa desprotexido ao traballador/a., o que realmente se pretendía era, en realidade xeneralizar este tipo de contratación que favorece grandemente a precarización laboral en detrimento da contratación indefinida que pasa, de representar un 9,3% do total de contratos no primeiro semestre de 2010, a situarse no 8,7% coa reforma laboral.
 
Coas medidas aprobadas no último Consello de Ministros e baixo o criterio de que “vale máis ter un contratado eventual que un parado” (maravillosa filosofía do “menos malo”, sempre favorecendo os intereses empresariais, cando polo que se debería optar é pola contratación indefinida e de calidade), esta circunstancia empeorará aínda máis a relación emprego precario (eventual)-emprego fixo(con dereitos).

 


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript