29/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os deputados cobrarán 591 euros por asistir a cada sesión plenaria
Á marxe dos deputados que teñan dedicacións exclusivas, o resto de membros da corporación provincial cobrarán 591 pola asistencia á sesión plenaria de carácter mensual.
Por cada xunta de goberno os
deputados percibirán 370 euros e non poderán
recadar por máis de dúas sesións ao mes, é dicir,
un máximo de 740 euros cada 31 días. Este órgano de
goberno está formado por dez deputados, do PP, dos
que algúns teñen dedicación exclusiva, polo que non
cobrarán.
Os representantes dos tres partidos que acudan ás
comisións informativas embolsaranse tamén 370 euros
por reunión cun tope de catro ao mes, ou sexa,
1.480 euros. Son oito as comisións que fixou o novo
Goberno provincial, unha menos que no anterior
mandato, e responden ás seguintes materias:
Economía, Facenda e Especial de Contas; Benestar
Social, Políticas de Igualdade de Xénero e
Normalización Lingüística; Promoción Económica,
Emprego, Medio e Turismo; Cooperación e Asistencia
a Concellos; Persoal e Réxime Interior;
Contratación, Patrimonio e Equipamentos;
Infraestruturas viarias e Cultura, Educación,
Deporte e Xuventude.
Estas tres cantidades mantéñense con respecto ao
establecido polo anterior Goberno provincial.
A Opinion
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript