29/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Reducir o déficit público: contraer os gastos ou aumentar os ingresos?
O gasto público cumpre unha función redistributiva. A actividade financeira do Estado intenta recadar recursos dos estratos de maior ingreso, para financiar a satisfacción de necesidades dos sectores máis pobres (saúde, educación, seguridade, etc) a través do gasto público, e desta maneira pode contribuir a unha redistribución socialmente máis xusta dos recursos.
Sempre que o nivel de
gasto público sexa racional, evitando dispendios
innecesarios, parece lóxico pensar en combater o
déficit público mediante o aumento dos ingresos, se
isto é posible. Desta maneira os cidadáns non verán
drásticamente reducido o seu nivel de benestar
económico e social, sempre que existan mecanismos
que permitan aumentar o nivel de ingresos públicos
dunha forma racional e xusta.
Trátase dunha decisión política actuar sobre unha
ou outra vía -reducción do gasto vs. aumento dos
ingresos-, optar por gobernar para o cidadán ou
para os mercados e o capital.
O capital foi o responsable da actual situación de
crise económica e quen debería soportar o maior
esforzo para saír da mesma.
Falaremos de cifras:
En termos económicos o déficit público é a
diferenza negativa entre os ingresos e os gastos
que rexistra unha administración pública ao longo
dun periodo de tempo.
Déficit público = Ingreso público – Gasto público
Dada a anterior igualdade é fácil concluír que a
diminución do déficit pode acadarse vía redución do
gasto e/ou vía aumento do ingreso.
MEDIDAS DE CONTENCIÓN DO GASTO PÚBLICO APROBADAS
POLO GOBERNO
O efecto acumulado do radical plan de aforro e
de contención do gasto público anunciado
polo Goberno alcanza os 20.200 millóns de euros,
entre 2010 e 2011, que se distribúe da seguinte
maneira (en millóns de euros):
• Recorte do soldo
dos funcionarios 7.200 (35.64%)
• Unidose dos medicamentos 1.085 ( 5.37%)
• Rebaixa de investimentos 6.045 (29.93%)
• Cheque bebé 1.250 ( 6.25%)
• Axustes que aplicarán as CC.AA. e os
Concellos 1.200 ( 5.94%)
• Abaratamento dos medicamentos 1.000 (
4.95%)
• Conxelación das pensións e outras medidas
(como a eliminación da xubilación parcial)
1.150 ( 5.69%)
• Eliminación da
retroactividade na axuda á Dependencia 670 ( 3.32%)
• Recorte na Axuda ao Desenvolvemento 600 (
2.97%)
Existen alternativas vía aumento de ingresos
públicos? Existen moitas posibilidades de recadar
vía impostos impoñendo unha verdadeira política
fiscal progresista. Neste artigo ímonos ocupar de
desenvolver só dúas delas: loita contra a fraude
fiscal e modificación do réxime de tributación das SICAV
(Sociedades de Investimento de Capital
Variable).
FRAUDE FISCAL
A pesar de que no estado español non existe un
estudo oficial sobre a fraude fiscal, existen
outros informes, estudos ou datos que poñen de
manifesto a magnitude do problema e que, en termos
porcentuais, cuantifican a fraude no estado entre o
20% e 25% do PIB, o dobre que a media da UE.
Esta situación corrobórase por outros datos
adicionais. O primeiro refírese ao diñeiro en
metálico en España, que supón o 10% do PIB, fronte
ao 5% da zona euro e o 6% de USA. O segundo é o
enorme volume de billetes de 500 euros que circula
por no estado: actualmente circulan no país 111
millóns de euros en billetes de 500 euros, un 30%
do total emitido na UE e o 64% do valor total do
efectivo en mans dos cidadáns. A cifra deste tipo
de billetes multiplicouse por sete respecto a 2002,
ano de posta en circulación do euro.
Respecto da súa cuantificación en euros, se entre
un 20% e un 25% do PIB do estado español non paga
os impostos que lles corresponde, o PIB de do
estado alcanzou, en 2009, 1,1 billóns de euros, e a
presión fiscal media sitúase no 36%, a cifra de
cotas non ingresadas supera os 80.000 millóns de
euros cada ano como mínimo. Dacordo cos datos
anteriores, e tendo en conta que o período de
prescrición establecido na Lei Xeral Tributaria é
de catro anos, pódese cuantificar nunha cifra
aproximada de 320.000 millóns de euros as
cotas tributarias non ingresadas, (en dous anos
suporía unha cifra aproximada de 160.000 millóns
de euros), e que cunha actuación decidida do
goberno, aprobando as medidas axeitadas, poderían
ingresar nas arcas públicas.
SICAV (Sociedades de Investimento de Capital
Variable)
Outra posibilidade de aumento dos ingresos
sería modificando a tributación das SICAV, Sociedad
de Investimento de Capital Variable. Unha SICAV é
un instrumento financieiro que permite evasión
legal de impostos ás grandes fortunas a través da
creación dunha Sociedade Anónima na que o seu
obxecto social é investir en activos financieros,
rompendo coa progresividade (que pague máis quen
máis ten ou gaña) establecida na constitución.
Gozan de importantes vantaxes fiscais, de forma que
as SICAV tributan ao 1% no imposto sobre
sociedades. Actualmente este instrumento de
investimento é un dos máis utilizados por persoas
con grandes capitales.
Na práctica, as SICAV utilízanse exclusivamente
para a xestión individual de carteiras de grandes
patrimonios.
Cómo se transforma unha institución de investimento
colectivo en xestión individual de carteiras? A
resposta é sinxela: introducindo 100 investidores,
que realmente non invisten, tendo o control
absoluto unha soa persoa ou, como moito, un grupo
familiar. No argot financieiro, a estes
investidores ficticios coñéceselles como
“mariachis”. Chamaselles así, parafraseando a
rancheira: “Con dinero y sin dinero, yo hago
siempre lo que quiero y mi palabra es la ley...”
O cidadán de a pé paga un 18% polos seus
rendementos de capital e as grandes fortunas
tributan ao 1% mediante o instrumento das SICAV. So
pasarán a tributar ao 18% cando o investidor retire
o diñeiro.
Neste momento hai cerca de 3.369 SICAV, cun
patrimonio baixo xestión de máis de 27.000 millóns
de euros (casi 4,5 billóns de pesetas) que pagaron,
nos últimos cinco anos, 56,6 millóns de euros polo
Imposto de Sociedades despois de ter obtido 8.068,6
millóns de beneficios.
So en 2008, en plena crise, obtiveron unhas
ganancias de 190 millóns (datos do terceiro
trimestre), polos que pagaron 1,7 millóns de
euros. Mentres tanto, tamén neste ano, as
rendas do traballo, que aglutinan o 80% do IRPF e
que soportan un tipo de ata o 43%, aportaron ás
arcas públicas 71.341 millóns. As
sociedades, pola súa parte, cunha tributación entre
o 25% e o 30%, abonaron 27.301 millóns,
mentras que os impostos sobre o consumo -IVE e
especiais- acadaron os 67.591 millóns.
Neste club de elite figuran os nomes dos
conselleiros das principais empresas do país, sagas
familiares, profesionais ou deportistas de primeira
liña.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript