agosto de 2011
 
 

29/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O PSOE remata coa limitación de encadear contratos temporais

Mentíusenos cando se xustificou a reforma laboral que o Goberno aprobou en xuño do ano pasado en que ía rematar coa temporalidade e fomentar a contratación indefinida, o que realmente se pretendía era xeneralizar, a través da eventualidade e da contratación a tempo parcial, a precariedade.
 
O que naquel momento se ocultou agora lexíslase, o goberno ven de aprobar que durante dous anos quedará suspenso o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores, no que se recolle que quedarán fixos aqueles empregados que nun prazo de 30 meses estivesen contratados durante máis de dous anos para o mesmo ou diferente posto de traballo coa mesma empresa ou grupo de empresas mediante dous ou máis contratos temporais.

 

  • Noticias relacionadas

 

O Goberno suspenderá durante dous anos o límite para encadear contratos temporais. O documento precisa que durante dous anos quedará suspenso o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores, no que se recolle que quedarán fixos aqueles empregados que nun prazo de 30 meses estivesen contratados durante máis de dous anos para o mesmo ou diferente posto de traballo coa mesma empresa ou grupo de empresas mediante dous ou máis contratos temporais.
 
Un dos obxectivos que dicían buscaba a reforma laboral que o Goberno aprobou en xuño do ano pasado era rematar coa temporalidade e fomentar a contratación indefinida. Como denunciamos en múltiples ocasións e as estatísticas dannos a razón, esa non era a verdadeira razón da dita reforma, detrás dela estaba o abaratamento do despido e a precarización laboral. Segundo os últimos datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA), que elabora o Instituto Nacional de Estatística (INE), a porcentaxe de asalariados cun contrato temporal era no segundo trimestre do ano do 24,6%, só dúas décimas menos da porcentaxe que rexistrara no mesmo período do ano anterior. En concreto, en Galicia había durante o segundo trimestre 210.200 traballadores cun contrato temporal
 
Os contratos temporais non son o que parecen, ou o que deberían ser isto se vemos que o 38% dos contratos temporais chegan a ser inferiores a 1 mes, e que 1 de cada 4 empregados é empregado de xeito temporal na empresa.
 
Os que "len" o mercado laboral alertan que independentemente da taxa de paro, a temporalidade dos contratos cada vez pode notarse máis nas empresas algo que repercute na precarización do mercado laboral.
 
Vendo os números, a nivel de estado, de 14 millóns de contratos en 2010, 13 millóns correspóndese con contratos temporais. Algo que para este 2011 podería seguir a mesma tendencia como o remarca o Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) que ofrece datos do mes maio no que de 1.300.000 contratos, uns 1.200.000 corresponderon a eventuais.
 
Entre os propios contratos temporais, existen diferenzas no período dos contratos. En maio un 37,5% dos traballadores temporais o seu período de tempo na empresa foi por debaixo de 1 mes.
 
Outra estimación é que só 1 de cada 4 empregados logra manter unha relación de temporalidade coa empresa, pero dende hai 3 anos que vén dándose unha maior diferenza entre empregados con contrato debaixo a 1 mes e os empregados de entre 1 mes e 6 meses.
 
Por outro lado existen contratos temporais e que a súa duración non se sabe con certeza, estes adoitan ter o nome de contratos por obra ou servizo, xa que a súa duración dependerá de canto dure a obra ou servizo.
 
Un número máis específico dáo a Enquisa de Poboación Activa (EPA) sobre o primeiro trimestre, marca, que foron un total de 1.167.000 traballadores con contrato que non chega aos 6 meses o 31% dos contratos temporais ata marzo de 2011.
 
En canto, a que sectores afectan a estes contratos, entre os primeiros é o sector da construción, cunha alta taxa de contratos por obra, aínda que lidera o sector de servizos.
 
O número de maio marca que 92.248 persoas se contrataron polo contrato por obra na construción e uns 300.000 empregados no sector dos servizos. Seguido polos da agricultura con 81.000 empregados e industria con 26.000.
 
Desde o primeiro momento o goberno deseñou esta interminable reforma laboral cun obxectivo: rematar cos dereitos laborais e sociais dos traballadores/as para elo deseñou unha política que vai lexislando pouco a pouco e que acabará impoñendo á clase obreira do pais a precariedade absoluta, todo elo para servir os intereses dos poderes económicos aos que servilmente está entregado.


 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript