agosto de 2011
 
 

23/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Gasto da Xornada Mundial da Xuventude

A Constitución de 1978, establece:
 
"Ningunha confesión terá caracter estatal. Os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as conseguintes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e as demais confesións".

 

  • Noticias relacionadas

 

 

  • 150.000 € do custo da visita papal asumidos por empresas: Sacyr, Iberdrola, Banco Santander, El Corte Inglés, Coca Cola, Abengoa, Endesa, etc

  • Todas as empresas recibiran a cambio un beneficio fiscal e deixásense de recibir máis de 18 millóns nas arcas públicas.

  • Prezo especial/subvención nos bonos de transporte público, mentres o prezo do abono turístico de 3 dias é de 25 € os participantes na JMJ só pagarán 4 €

  • Aloxamento gratuíto habilitando os institutos como albergues, gratuíto para a organizacion pero o participante deberá pagar 18 € polo aloxamento.

  • Emisión gratuíta do carné novo para gozar dos descontos en museos, teatros, etc, o prezo deste carné é de 6 €

  • Expropiación de 70 parcelas adxacentes ao aeródromo de catro ventos, do que non se facilitaron cifras.

  • A seguridade, os transportes e a sanidade tamén formarán parte da achega do Estado, a través das tres administracións (Concello, Comunidade Autónoma e Goberno). A seguridade do evento, a loxística e a limpeza tamén correran a cargo do erario público, esta achega pública engloba a armazón completa de seguridade e limpeza. A cesión gratuíta do Paseo de Recoletos, a praza de Cibeles, a sede do Concello, o aeródromo de Catro Ventos, o Pazo de Congresos ou o Pazo dos Deportes; descontos especiais nos transportes públicos para os asistentes; así como a elaboración dun programa específico para os Veráns da Vila e os gastos do séquito papal e a Familia Real.



 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript