23/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O director do comedor social de Pontevedra rexeita unha doazón por "laica"
Os directivos deste comedor social
avisaban en decembro de 2009 que a dureza da crise incrementaba grandemente a
afluencia ao comedor facendo fincapé nas novas necesidades que tiñan que satisfacer. Como mostra da súa caridade e en aras de satisfacer esas necesidades humanitarias non dubidan en recepcionar o diñeiro procedente de entidades con evidente ánimo de lucro e que teñen influencia directa na xeneración da crise que se afanan en amortecer (La Caixa, Caixanova…), amósanse, pola contra, ecrupulosos á hora de recibir donativos do 15M por se pronunciar en contra de que a visita do Papa sexa financiada con fondos públicos.
Multitude de litros de aceite de oliva, pito
conxelado, infinidade de quilos de arroz e pasta,
embutidos, conservas, leite... Unha axuda para o
comedor social de Pontevedra, recollida durante
esta semana polos Indignados da cidade, que con
todo foi rexeitada este venres polo director da
devandita institución, Gonzalo Diéguez, que non
está de acordo na “maneira de recoller a comida” xa
que, ao seu xuízo, “están a vincular o nome do
comedor co rexeitamento á visita do Papa”. En
concreto cualifica como “unha ofensa” que nos
panfletos e carteis que os integrantes do
“Cando pretendiamos entregar a comida unha das
cociñeiras dinos que ten orde de non recoller,
absolutamente nada do que levemos” sinala Cynthia,
unha das voluntarias que leva polo menos tres días
participando nesta iniciativa. “Unha máis das
moitas que organizamos” aclara, sinalando que
segundo a propia Caritas “existen 22.700 familias
en Galicia sen axuda de ningún tipo, por iso
quixemos levar a cabo esta campaña, totalmente
desinteresada e sen ánimo de lucro”. Por desgraza,
engade, “existen unha chea de lugares onde deixar a
comida”. Así xa o propuxeron ao comedor social de
Marín ou á residencia de maiores local, dirixida por
relixiosas, que xa dixeron que si.
O Movemento
"INCOMPRENSÍBEL"
“Non entendemos a negativa, é unha vergoña,
algo incomprensíbel, practicamente un delito
habendo tanta necesidade e ademais decidindo polos
demais” comenta Cynthia que explica que tras chegar
a un acordo cos responsábeis do comedor a semana
pasada, comezaron a solicitar publicamente
alimentos a través das redes sociais, os medios de
comunicación ou en persoa na praza da Peregrina
onde tamén informaban da súa campaña. “O xoves pola
tarde preséntase aquí a Policía dicindo que o
director do comedor nos quere denunciar por estafa,
por suplantar a súa identidade e por utilizar o
nome do comedor sen permiso”. Nos panfletos
mencionábase que recollían alimentos “a favor do
comedor social de San Francisco e nunca no seu nome
como alegaba Diéguez” algo que a Policía entendeu
disuadindo ao seu responsábel de que denunciase e
de que admitise os alimentos.
Con todo ao día seguinte no comedor rexeitan a
mercadoría “cremos que pola nosa postura pública
sobre a visita do Papa, aínda que non o sabemos,
porque este home non nos dixo nada e non deu a cara
cando fomos até alí” comenta Cynthia que quere
deixar moi claro que o
“No canto de manifestacións ou polémicas queriamos
facer algo útil” declara outra das integrantes do
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript