23/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os sindicatos maioritarios volven a apuñalarnos
Xa non se defende que os
traballadores e traballadoras non sexamos
os que paguemos a crise creada pola
avaricia do sistema e a depredación do
capitalismo.
Os sindicatos maioritarios e gobernamentais
abandonaron, desde o comezo da crise, á
clase obreira á súa sorte, agora, co seu
posicionamento a favor da moderación
salarial, aceptan que realicemos, de bo
grado, o copago da crise do sistema, que
segue, e coas medicas que aceptan, seguirá
a enriquecer aos máis ricos e empobrecendo,
económica e socialmente,
á clase que din representar.
Na misiva dirixida ao presidente do goberno
do estado indican literalmente que «Os salarios
deben manter unha senda de moderación no seu
crecemento, como o establecido no actual acordo de
negociación colectiva, cunha extensión a un período
temporal máis amplo, pero o esforzo será baldío e
contraproducente se non está acompañado dun
compromiso firme de contención dos beneficios
empresariais e un esforzo adicional de investimento
dos excedentes obtidos para ampliar e mellorar o
tecido produtivo español», aseguran.
O acordo de moderación salarial só favorece o incremento dos beneficios empresariais e o empobrecemento dos traballadores e traballadoras.
Unha rendición en toda regra, a crise,
definitivamente ímola pagar os traballadores e
traballadoras ou alguén se cre que o capital, a
patronal cumpriría, no mellor dos casos, as
condicións expostas na dita carta?.
Queren xustificar a súa sumisión cunha mínima
reclamación que saben as claras non se vai cumprir
aínda que se asine.
Está clarísimo, Toxo e Méndez garanten, coas súas
políticas, o pacto social, en definitiva que a crise a imos pagar os
traballadores/as. Ambos os dous teñen claro que a
man que lles dá de comer a través dos Presupostos
Xenerais do Estado e outras vías, non se morde,
aínda que isto se leve por diante a defensa dos
intereses económicos, laborais, sociais...
dos traballadores e traballadoras.
Son os cómplices necesarios e corresponsables dunha
situación que cada día afoga máis á clase
traballadora.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript