23/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Saqueo en toda regra
As vendas de accións a descuberto (un mecanismo de especulación que permite comprar accións, pero pagalas só despois de vendelas, se é posible máis caras que ao compralas, o que permite gañar sen desembolsar nada) acaban de ser prohibidas provisionalmente durante 15 días en Francia e en catro países europeos.Estas vendas a descuberto son un produto financeiro, inventado claramente para especular, con coñecemento de causa.
É case a confesión de que, a pesar de todos
os discursos dende o anterior crac bolsista de 2008
sobre a regulación, Sarkozy e os seus compañeiros
delG8 e do G20 deixaron completa liberdade de
accióna os financeiros. E cando se trata de
prohibir, faino con precaución, provisionalmente,
por dúas semanas.
Fronte á actitude abertamente irresponsable dos
banqueiros e das organizacións financeiras son
necesarias medidas radicais. A regulación das
actividades financeiras é necesaria e urxente. Hai
que nacionalizar todos os bancos fusionandolos nun
banco único e controlado polos traballadores e o
pobo, que traballe unicamente ao servizo da
colectividade.
Tradución de F.P.
http://www.lutte-ouvriere.org/
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript