23/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A plataforma pola sanidade atribúe á falta de persoal o peche de camas
A Plataforma pola Defensa dá Sanidade Pública de Ferrol denunciou que as razóns do peche estival de plantas e camas no Arquitecto Marcide non son máis que vos continuos recortes en persoal que se están producindo e nos orzamentos.
O Servizo Galego de Saúde e a
Xerencia da Área Sanitaria vense na obriga de
reabrir a terceira planta do Servizo de Pediatría
do Hospital Arquitecto Marcide na que se pecharan
ás 14 camas, feito que xa fora denunciado pola
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de
Ferrol.
Pretendeuse, unha vez máis, enganar á cidadanía
argumentando que no verán se producían menos
ingresos, polo que non era preciso manter aberto
ese servicio.
A realidade quítalle a razón ó SERGAS e demostra
que as razóns do peche non eran máis que os
continuos recortes en persoal que se están
producindo na Área Sanitaria de Ferrol e o recorte
nos orzamentos que nos leva a ser a Área Sanitaria
peor tratada pola Consellería de Sanidade.
Desde o mes de xuño tamén está pechada a planta de
Medicina Interna do antigo Hospital Naval, 25
camas. Pechouse o servizo de Cita Previa en horario
de tarde, tanto presencial como telefónico, a pesar
de que segue habendo algunhas consultas no Centro
de Especialidades.
Tamén se pechou o punto de Información do Hall de
entrada ó Hospital durante os meses de verano en
horario de tarde.
Vaise deixar ó Hospital Novoa Santos sen ningún
contido asistencial.
En Atención Primaria non se substitúe ós médicos de
familia, acumulando os cupos o que fai que xa haxa
lista de espera en primaria e que moitos doentes
colapsen os PAC.
Non se contrataron enfermeiros de desprazados nos
Centros de Saúde onde , por mor do incremento da
poboación, se viña facendo en anos anteriores. En
Médicos de desprazados, en Atención Primaria, só se
contratou para o Centro de Saúde de Ares a media
xornada.
A Construcción do Centro de Saúde das Somozas segue
paralizada, e non hai ningunha noticia de cando se
van construír os de Ares, A Capela, Cedeira e
Narón.
Os continuos recortes en Orzamentos e en persoal
fan que cada vez a calidade asistencial, de maneira
absolutamente intencionada, vai sendo menor, a
pesar do esforzo dos traballadores e traballadoras
do SERGAS en manter a calidade do servizo.
Se a cidadanía non toma conciencia da necesidade de
defender a Sanidade Publica diante dos continuos
ataques a que esta sendo sometida, e de mobilizarse
e denunciar e reclamar, cada vez o dereito a unha
asistencia sanitaria universal se ira perdendo en
favor da Sanidade Privada e o copagamento por
algúns servizos comezará a aplicarse , o transporte
sanitario non urxente será o primeiro ó que a Xunta
de Galicia lle aplique o copagamento.
Desde a Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública
de Ferrol imos seguir apostando por unha sanidade
publica de calidade e que precisa de mais
investimento para mellorar e reducir as listas de
espera e imos continuar denunciando os abusos e a
discriminación, por parte da Consellería de
Sanidade, coa Area Sanitaria de Ferrol.
Lembramos que a nosa denuncia e a presión
asistencial, que no verán é maior polo incremento
de poboación de moitos concellos costeiros
pertencentes a esta Área Sanitaria, fixo que o
Xerente da Area tivese que abrir o servizo de
Pediatría que tiña pechado sen ningún motivo
asistencial que sustentase tal decisión, agás os
continuos recortes de persoal.
Ferrol a 11 de agosto de 2011.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript