agosto de 2011
 
 

23/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Rajoy anuncia recortes de organismos e persoal se gaña as eleccións

Advertiu, o sr. Rajoy, que "as cousas non serán doadas porque se fixeron rematadamente mal", descartou calquera vertixe ante o que se lle aveciña porque el, dixo, non está "para asustarse nin para chorar nin para perder o tempo, senón para tomar decisións". Entre as primeiras que levaría a cabo á fronte do Goberno se resultase elixido estaría a supresión de organismos públicos e entes autónomos para simplificar a Administración".

 

  • Noticias relacionadas

 

Nunha provincia, a de Ourense, onde o PP, liderado polo barón José Luis Baltar, incrementou a débeda da Deputación provincial ata 80 millóns, o 110% do seu presuposto anual -ata o punto de ter dificultades para pagar nóminas e a provedores-, Rajoy prometeu cambios na Lei de Estabilidade Presupostaria para que se fixe un teito de gasto e endebedamento ás administracións: local, autonómica e tamén ao Goberno central.
 
Non quedou aí. Interpelado polos problemas do campo galego, avogou por recuperar o Ministerio de Agricultura, "que nunca debeu desaparecer". Todo no contexto da festa do polbo do Carballiño, que este ano e tras o cambio de Goberno municipal decidiu programar unha mostra de apoio aos agricultores afectados pola crise do cogombro, un produto que en Galicia apenas se cultiva. Rajoy aproveitou a reivindicación para volver cargar contra o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero por non defender o interese de España".
 
En compañía do secretario xeral do PP galego e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e do alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, que logrou arrebatar en maio ao PSOE un dos seus feudos, o líder da oposición concluíu cunha declaración solemne: "Garanto que o sector primario da pesca e a agricultura ten futuro en España". Xa pola tarde, regresou ao seu retiro das Rías Baixas entre críticas da oposición en Galicia.
 
O líder da oposición e candidato engadiu que "España", en comparanza con Italia, ten hoxe por hoxe "un problema maior": o dobre de paro que a media europea. E a partir de aí, empregouse en debullar de xeito moi sucinto algúns dos seus remedios. Destacou outra vez máis que a súa "prioridade básica" será "o crecemento económico e a creación de emprego", que pasa por "apoiar os emprendedores". A recuperación, veu a dicir, "producirase se hai actividade e a xente é capaz de investir".
 
Aínda que xa eran coñecidas as receitas da dereita política, agora comezan a ser oficiais, non vai cambiar nada, aplicaranse radicalmente as políticas máis neoliberais. Adelgazarase aínda máis a administración pública e diminuirase aínda máis a Oferta de Emprego o que levará, sen dúbida, á privatización total dos servizos á cidadanía. Un adeus oficial ao estado do benestar, os/as que máis o sufrirán serán as clases máis desfavorecidas. Indígnate!. NON OS VOTES!

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript