23/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Traballo detectou 5.475 infraccións en empresas galegas
A Inspección de Traballo en Galicia impuxo multas por un valor de 14,3 millóns de euros ás empresas galegas polas 5.475 infraccións detectadas en 2010
A Inspección de Traballo en Galicia impuxo
multas por un valor de 14,3 millóns de euros ás
empresas galegas polas 5.475 infraccións detectadas
en 2010.
Segundo estes datos, a maioría das sancións foron
impostas por infraccións relacionadas coa
Seguridade Social, que coparon máis do 60 por
cento, con 3.308 infraccións sancionadas e un valor
de 4,2 millóns de euros.
Traballo multou as empresas por un valor de 4,9
millóns de euros tras detectar 1.062 infraccións
contra a Seguridade e a Saúde Laboral, mentres que
polas 554 sancións impostas por infrinxir as
Relacións Laborais impuxo multas por valor de 2,1
millóns de euros.
Dos 5.475 expedientes abertos en 2010, xa se
resolveron en primeira instancia 1.329, un 24,2 por
cento.
O volume das infraccións detectadas fan
imprescindible o aumento de inspectores de traballo
e a mellora dos medios técnicos cos que desenvolven
o seu labor, e a reclamación á Xunta da posta en
marcha dunha Unidade de Recadación Executiva para
facer efectivo o cobramento das sancións, entre
outras medidas.
Ademais, segundo os datos en 2010 perdéronse
1.783.070 xornadas de traballo por accidente con
baixa.
Os datos do primeiro trimestre de 2011, no que se
detectaron 1.364 infraccións, indica que a
tendencia se mantén.
Tanto en 2010 coma no primeiro trimestre deste ano
A Coruña é a provincia na que máis infraccións se
detectaron.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript