Número 97 - 22 de agosto de 2011
 
 
ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

    Advertiu, o sr. Rajoy, que "as cousas non serán doadas porque se fixeron rematadamente mal", descartou calquera vertixe ante o que se lle aveciña porque el, dixo, non está "para asustarse nin para chorar nin para perder o tempo, senón para tomar decisións". Entre as primeiras que levaría a cabo á fronte do Goberno se resultase elixido estaría a supresión de organismos públicos e entes autónomos para simplificar a Administración".

LABORAL - ECONOMÍA - INFORME DO CONSELLO GALEGO DE RELACIÓNS LABORAIS

    O incremento do IPC no primeiro semestre do ano e o estancamento dos salarios está a provocar unha redución no poder adquisitivo das traballadoras e traballadores galegos. O incremento salarial pactado en xullo foi do 2,36%, mentres que o IPC de xuño foi do 3,4%. Un descenso de case un punto que afecta á economía, xa que redunda de xeito inevitable nunha contención do consumo.

FUNDACIÓNS POLÍTICAS

    Entre as fundación FAES, manexada polo PP, e a fundación Ideas para o Progreso, integrada por personaxes relevantes do PSOE, embolsáronse no último exercicio case 7 millóns de euros.

SANIDADE - FERROL

    A Plataforma pola Defensa dá Sanidade Pública de Ferrol denunciou que as razóns do peche estival de plantas e camas no Arquitecto Marcide non son máis que vos continuos recortes en persoal que se están producindo e nos orzamentos.

LINGUA

    Ademais, segundo se desprende dos datos obtidos das enquisas, o uso do galego está sobre todo vinculado á relación cos máis próximos, é dicir no ámbito familiar, mentres que o seu uso se reduce na escrita e nos contactos con descoñecidos

NON HAI PARA PRESTACIÓNS SOCIAIS PERO…

    O Concello libera de cargas terreos da propiedade de Antonio Fontela, malia que as construtoras non abonan gran parte do custe das obras de urbanización.

LABORAL

    As regulacións autorizadas creceron un 21,7% e os asalariados incluídos en despedimentos colectivos incrementáronse ata os 1.006 durante o primeiro cuadrimestre deste ano

#15M

    O 27 de Agosto, no campo da feira de Cambre, celebrarase unha xuntanza de tódalas asembleas de barrios e vilas de A Coruña pertencentes o movemento 15M.

    
  •   
 
 LABORAL - MODERACIÓN SALARIAL

    Xa non se defende que os traballadores e traballadoras non sexamos os que paguemos a crise creada pola avaricia do sistema e depredación do capitalismo.
     
    Os sindicatos maioritarios e gobernamentais abandonaron, desde o comezo da crise, á clase obreira á súa sorte, agora, co seu posicionamento a favor da moderación salarial, aceptan que realicemos, de bo grado, o copago dunha crise do sistema, que segue, e coas medicas que aceptan, seguirá a enriquecer aos máis ricos e empobrecendo á clase que din representar.

    ESPECULACIÓN ECONÓMICA
    As vendas de accións a descuberto (un mecanismo de especulación que permite comprar accións, pero pagalas só despois de vendelas, se é posible máis caras que ao compralas, o que permite gañar sen desembolsar nada) acaban de ser prohibidas provisionalmente durante 15 días en Francia e en catro países europeos.Estas vendas a descuberto son un produto financeiro, inventado claramente para especular, con coñecemento de causa.

     

 PRECARIEDADE - DESAFIUZAMENTOS
    Falsimedia silenciou esta noticia. Imos permitir que a Banca de Sangue se cobre novas vítimas? Organizarse é unha obriga. Pola defensa propia e colectiva.
 ESTADO LAICO?

    A Constitución de 1978, establece:
     
    "Ningunha confesión terá caracter estatal. Os poderes públicos terán en conta as crenzas relixiosas da sociedade española e manterán as conseguintes relacións de cooperación coa Igrexa Católica e as demais confesións".

 LABORAL - Inspección
    A Inspección de Traballo en Galicia impuxo multas por un valor de 14,3 millóns de euros ás empresas galegas polas 5.475 infraccións detectadas en 2010
 NON E DE RISA
    O director do comedor social de Pontevedra rexeita alimentos doados polo 15 M para non vincularse co rexeitamento de que a visita do papa sexa financiada con fondos públicos
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

     

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript