agosto de 2011
 
 

23/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Os políticos manteñen as súas subvencións á marxe da crise

Entre as fundación FAES, manexada polo PP, e a fundación Ideas para o Progreso, integrada por personaxes relevantes do PSOE, embolsáronse no último exercicio case 7 millóns de euros.

 

  • Noticias relacionadas

 

As fundacións que serven de plataforma para a difusión dos postulados dos dous principais partidos políticos recibiron no último exercicio un total de 6,88 millóns de euros provenientes das arcas públicas.
 
A maior parte das subvencións que estas organizacións 'sen ánimo de lucro' perciben dependen do Ministerio de Cultura. Faes recibiu por esta vía un total de 2,38 millóns, mentres que Ideas se embolsou 2,25 millóns.
 
Estas fundacións son privadas pero o seu financiamento corre a cargo case exclusivamente das contas públicas. Tanto unha coma outra admiten doazóns de particulares dende 30 euros en Ideas e dende 50 en Faes. A contrapartida destas doazóns dáse a través de distintas fórmulas de implicación coas propias fundacións.
 
Unha das convocatorias para subvencións que convoca o Ministerio de Asuntos Exteriores leva por descrición "a promoción de actividades de formación, consolidación e difusión do sistema democrático," o cal entra un pouco en contradicción co feito de conceder estas subvencións exclusivamente aos dous partidos maioritarios.
 
Por este concepto Faes obtivo máis de 1.000.000 de euros e a socialista Ideas 960.000 euros para o seu "programa de fortalecemento institucional e de patidos políticos", e para montar xornadas, encontros e seminarios".
 
O montante final das axudas públicas recibidas por FAES, a organización que preside o expresidente José María Aznar, alcanzou os 3,53 millóns de euros. Ademais de Aznar, Faes conta con personaxes como María Dolores de Cospedal, Javier Arenas ou Anxo Acebes.
 
En canto a Ideas, en cuxo padroado figuran José Luis Rodríguez Zapatero, Manuel Chaves, José Blanco ou Marcelino Iglesias, recibiu un total de 3,35 millóns de euros de diñeiro público

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript