23/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A Coruña perdoa 370.000€ ao presidente da patronal
O Concello libera de cargas terreos da propiedade de Antonio Fontela, malia que as construtoras non abonan gran parte do custe das obras de urbanización.
O Concello da Coruña librou "ilegalmente" a
parcela de Espazo Coruña, terreos que así
multiplican o seu valor de mercado. O beneficiario
deste presunto pelotazo é o presidente da patronal
galega, Antonio Fontela.
Esta é a denuncia que o BNG herculino lanzou hoxe
contra o goberno de Carlos Negreira (PP). Os
nacionalistas explican que o cambio urbanístico
viola "radicalmente" a normativa en vigor.
De acordo a súa versión, os terreos de Fontela
están nunha zona, Someso, na que quedan pendentes
por abonar 1,8 millóns en concepto de obras de
urbanización. Até que se abonen estes cargos, as
fincas desa zona só se poden vender tendo en conta
o non abonado á Administración. Espazo Coruña,
propiedade de Construciones Fontela, debería abonar
máis do 21% dos 1,8 millóns pendentes, máis de
370.000 euros.
Polo de agora nin o Concello da Coruña nin o
presidente da Confederación de Empresarios de
Galicia fixeron público a súa versión.
Xa o dixemos noutra ocasión, mentres que para
festas e para os “amigos” non hai falta de liquidez
para as accións sociais e para actuacións que
favorezan o emprego din que non hai un can, non é
de estrañar con estes dispendios.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript