01/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Non é isto o que necesitabamos e buscabamos
" Non é isto, non é isto! " Así expresou Ortega e Gasset a
súa desilusión coa Segunda República.
Dúas décadas despois da caída do muro de Berlín, cando
Occidente abrazou ao capitalismo como único referente
económico e social, aquela frase volve ter máis vixencia que
nunca. Estivéronnos a vender a igualdade de oportunidades, a
recompensa de chegar a ser o que un queira con esforzo e
traballo duro. E a duras penas chegamos a final de mes.
Lexións de parados, pensionistas e mileuristas malviven nun
sistema que acerna a nosa condición de persoas e cidadáns
para converternos en mero "capital humano".
Asistimos á descomposición do noso tecido social, inermes,
sen unha mínima resistencia intelectual. Os nosos gobernos e
representantes políticos carecen do valor para facer fronte
a esta horda de especuladores que está obstinada en arrasar
o Estado do benestar.
Cando criamos que os muros físicos foran derruídos, a
maldita man invisible ergue outros de exclusión e pobreza
nas nosas sociedades. O soño capitalista está a ser un
pesadelo. Agora máis que nunca os cidadáns deberiamos facer
nosa a estrofa de Pink Floid en The Wall: " Eh! Ti, non me
digas que non hai ningunha esperanza. Xuntos resistiremos,
divididos caeremos".
Manifesta provocación
Que tería pasado se os laicos se tivesen
situado no lugar onde se ía realizar un acto
papal autorizado exhibindo os seus distintivos
e berrando os seus lemas contra a visita de
Benedicto XVI a España e o seu financiamento
con diñeiro público? E se a policía non tivese
actuado para mantelos a distancia dese acto? E
se se tivese aproveitado ese enfrontamento para
criticar a intolerancia dos católicos ante os
laicos?
Unha provocación manifesta como a que
anteriormente describo, pero ao revés, foi
exactamente o que aconteceu na Porta do Sol. Os
manifestantes laicos encontrámonos ante un
verdadeiro encerro político e policial. Unha
vez máis, os laicos e demócratas fomos as
vítimas da intolerancia católica cara aos que
non pensan como eles. E falo de intolerancia
católica, non de intolerancia cristiá nin
relixiosa.
Excomuñóns de quita e pon na Igrexa católica
A ver se nos aclaramos: realizarse un aborto ou
colaborar cunha muller para que poida facelo
era unha porta aberta para a excomuñón
vaticana. Pero aínda así non conseguías que te
expulsasen, senón que pasabas a formar parte
dun apartado, o dos condenados, que che
garantía un billete ao inferno. Pois ben, coa
euforia da visita papal, o cardeal Rouco cambia
as regras. Se es peregrino das xornadas e
acodes á festa do perdón, os confesionarios
portátiles que se instalaron no parque do
Retiro, borrarán esta grave falta. Estamos de
ofertón!
E é que isto é o máis grande do catolicismo: a
arbitrariedade para impoñer ou quitar condenas
dependendo da prima de risco que estean a
correr os seus investimentos teolóxicos.
Grandes xenocidas da historia, como Franco ou
Pinochet, xa saben da elasticidade que mostra a
Igrexa para ningunear, e mesmo bendicir,
algunha infracción como os crimes contra a
humanidade e outras miudezas. Todo por un
módico prezo que consolide a súa alianza co
poder. Aínda que, curiosamente, aos asasinos en
masa non se lles esixe tanto como aos
abortistas. Nin sequera o arrepentimento polos
seus actos.
Os desempregados non son de interese para o PP
Novamente vemos como dende o Partido Popular e
dende as institucións que gobernan antepoñen as
súas prioridades e nos aclaran que é o que
consideran de especial interese e que non. O
último capítulo desta serie foi o rehazo por
parte da conselleira de presidencia da
Comunidade de Madrid a rebaixar o transporte
aos desempregados de longa duración mentres,
pola contra, promoveu un desconto do 80% para
aquelas persoas que participen activamente nas
Xornadas Mundiais da Xuventude católica. A
conselleira de Esperanza Aguirre tardou moi
pouco en clarificar que a visita
pastoral-privada de Benedicto XVI é un evento
de especial relevancia, único, e por iso é
catalogado como de interese xeral, mentres que
os desempregados de longa duración son
sólamente un colectivo e non teñen esa
importancia para o Goberno do Partido Popular.
Novamente vemos como os conservadores declaran
de interese xeral as súas crenzas persoais e
exclúen a aquelas persoas e colectivos que máis
están a sufrir as condicións de falta de
emprego e de políticas sociais do seu Goberno.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript