agosto de 2011
 
 

17/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Mentíronnos, e seguen mentíndonos

Cando se fala de algo relacionado con diñeiro coa Xerencia ou se reclama no Consello de Goberno, nas reunións con algún vicerreitor… ouvimos sempre a mesma cantinela: canto o sentimos, os recortes veñen determinados polos gobernos central e autonómico."

 

 

Sabemos que neste terreo non todos os traballadores da Universidade somos tratados do mesmo xeito, sinalámolo coa sinatura do convenio colectivo de PDI laboral, agora temos constancia de que esta limitación tampouco é seguida noutras administracións, como proba os incrementos no orzamento do concello da Coruña que se airearon recentemente na prensa:
 
O Concello da Coruña acaba de facer unha modificación no crédito (instrumento polo que se retocan os orzamentos a metade do exercicio) mediante o cal incrementa, entre outras, as partidas de gastos de persoal:
 
Complemento específico:                   94.749,43€
Complemento de destino                 302.244,20€
Produtividade alcaldía                      153.804,94€
Seguridade Social                              57.884,77€
 
Polo que parece a Universidade da Coruña pase o que pase dentro dela e ao seu redor ten, co PAS, a decisión tomada:
 
Non haberá incremento real de postos na RPT de PAS laboral, temos que lembrar, unha vez máis, que a RPT vixente é do ano 2005.
 
Non haberá unha aplicación inmediata e total da Transitoria Segunda do Convenio Colectivo.
 
Non haberá incremento económico ningún.
 
A razón que aducen é a indicada con anterioridade, pobriños canto lles gustaría facelo pero están limitados polas normativas vixentes, todo isto a pesar de que eles mesmos actuaron en contra das súas escusas e que o mundo que os rodea non se sinte limitado polas mesmas normas que se nos impón ao PAS da UDC.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript