17/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Sete claves sobre os impostos
Artigo de Ignacio Escolar
1. O estado español é un dos países con menor
presión fiscal da UE. As administracións públicas
recadaron
o 31,5% do PIB no 2010, segundo Facenda. A
media europea, segundo os últimos datos de
Eurostat, de 2009, é do 40,4%.
2. O estado español tamén é un dos países con máis diñeiro
negro da UE. Segundo Funcas, a economía mergullada
supón máis de 260.000 millóns de euros:
un 23,7% do PIB. Se temos en conta ese factor,
a verdadeira presión fiscal queda por debaixo do
30% do PIB real. Non hai na Europa occidental un
exemplo similar.
3. A presión fiscal afundiuse coa crise, pero mesmo
nos mellores anos estaba moi por debaixo da media
da UE.
4. O burato nos impostos do estado non esta no IRPF
dos traballadores por conta allea. A presión fiscal
para aqueles que teñen unha nómina está, de media,
no 39,6%:
seis puntos por enriba da media da OCDE.
5. Pero o estado español é tamén un dos poucos países do
mundo coñecido onde os autónomos e os pequenos
empresarios declaran,
de media, menos ingresos que os traballadores e os
pensionistas, segundo denuncian dende hai anos
os técnicos de Facenda.
6. Cun sistema fiscal europeo, as contas públicas
non estarían no aperto en que están hoxe. O déficit
en 2010
foi do 9,2% do PIB. A diferenza da presión
fiscal entre o estado español e Europa é practicamente esa
mesma porcentaxe do PIB.
7. Traducido: se o estado español tivese unha fiscalidade
europea -aínda sen arranxar o problema da economía
mergullada-, non habería déficit. Nin problemas co
bono español. Nin recortes, nin axustes, nin
discursos apocalípticos sobre o teoricamente
insostible estado do benestar.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript