agosto de 2011
 
 

17/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Fundación Calidade despedir para privatizar

Desde que O PP se fixo coas rendas do goberno galego fixo súa a bandeira da “racionalización” da administración, eufemismo debaixo do que se esconde nin máis nin menos que un afán desmedido de privatizar o pouco que queda da administración pública procedendo á sistemática contratación de asistencias a compañías privadas –que os propios traballadores xa denunciaran hai meses en áreas como o centro de desenvolvemento de software libre Mancomún.

 

  • Noticias relacionadas

 

Un dos casos paradigmáticos do que está a acontecer na Xunta, neste sentido, represéntao a  Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia. Este ente, creado en 1996 polo Goberno de Manuel Fraga e impulsado notablemente pola Consellería de Innovación e Industria do bipartito, segue a desempeñar funcións estruturais no seo da Xunta, e que abranguen dende a xestión de axudas públicas no eido da Sociedade de Información e I+D+i ata xestionar centros tecnolóxicos coma CIS Galicia, CIS Madeira e o Laboratorio Oficial de Meteoroloxía de Galicia.
 
En base ao plan de “racionalización” da Administración paralela –os coñecidos como chiringuitos– procederon ao despido de 103 traballadores/as, extinción de contratos da que o propio presidente, Alberto Núñez Feijóo, se gababa por formar parte dun proxecto que se “anticipa a Europa” no adelgazamento da estrutura gobernamental.
 
Os traballadores viven dende 2009 rodeados de “despedimentos improcedentes” –a Xustiza xa ditaminou a nulidade de boa parte de máis de 50 cesamentos– e adelgazamento de medios sen que isto significase unha redución da súa actividade e carga de traballo ordinaria.
 
Nun primeiro momento obrigou a multiplicar as horas extra e á prolongación das xornadas laborais pero isto non era o proxecto do sr. Feijoo, a súa proposta para a administración pública plásmase, agora, na As contratacións por importe de máis de medio millón de euros de empresas privadas.
 
Onde van o aforro que se predicaba coa medida o fortalecemento da administración pública que se aducía?. A realidade é que ás indemnizacións que a Xunta terá que afrontar únese o superfluo gasto que ocasionan as contratacións posteriores.
 
Esta é a administración pública deseñada desde a dereita, desde o capital en definitiva a directriz é a de abrir parcelas económicas para que a empresa privada asuma as funcións públicas obtendo pingües beneficios.

Temos que frear a vaga de privatizacións característica destas políticas da dereita. A administración pública fórmana unha gran cantidade de servizos que son a base do estado de benestar. Non podemos limitarnos á defensa das áreas tradicionais centrándonos exclusivamente na sanidade e na educación, cando nos queiran roubar algunha parcela temos que actuar na súa defensa como se dalgún deses dous sectores se tratase. O que se nos leve agora non retornará.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript