agosto de 2011
 
 

17/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A pesar da situación económica, A Coruña mantén o presuposto para festas

Mentras que o paro e a situación de desesperanza económica asolan a multitude de persoas e familias da cidade o sr. Alcalde non se priva co gasto en festas, entre estes gastos, uns dos máis prescindibles, dada a situación (a maioría dos coruñeses/as non estamos para festiñas)

 

  • Noticias relacionadas

 

A Coruña é unha das poucas cidades galegas que non diminuíu o gasto para as festas, nin máis nin menos que vai dilapidar un millón de euros.
 
Agás A Coruña e Lugo, que manteñen para 2011 o millón de euros para as súas festas de María Pita e San Froilán, respectivamente, as demais cidades reduciron un 45% de media o diñeiro para este fin. Vigo rebaixou un 35% o seu presuposto para a Semana Grande de agosto, mentres que Santiago e Ourense deixaron o seu particular caché de 2011 nun terzo do capital investido en 2010. O San Roque de Vilagarcía tivo este ano un 45% menos de diñeiro, Ferrol recorta un 50% e Pontevedra un 10%. No lado máis drástico sitúase Narón, que decidiu suprimilas.
 
Cada cidade intentou presentar un programa de festas axustado ás posibilidades económicas deste ano. Non faltan nomes de grandes artistas para os principais concertos urbanos, aínda que en menor número que noutros exercicios -Vilagarcía pasa de catro a un-, en todos os carteis se incrementou a presenza de grupos locais para completar o menú, tanto na Coruña coma en Santiago e Vigo.
 
As urbes que maior presuposto seguen destinando aos festexos son A Coruña (María Pita), Vigo (coa súa Semana Grande de agosto e cartel de Castrelos) e Lugo (San Froilán), cun millón de euros cada unha. Pontevedra, que celebra cada ano a Peregrina, quedou este ano preto do millón habitual, en concreto: 900.000 euros. Máis modestas son as partidas de Santiago tanto para a Ascensión coma para o Apóstolo, destinando 180.000 euros a cada unha das súas citas. O San Roque de Vilagarcía, no mes de xullo, conformouse este verán con 150.000 euros de capital para xestionar o programa, un 45% menos que o anterior e, en canto a Ferrol, coa súa semana grande de agosto, os fondos baixaron case un 50%, ata os 160.000 euros.
 
Das oito principais cidades galegas, Ourense presentou este ano o presuposto máis baixo: 25.000 euros para celebrar os festexos do barrio da ponte.
 
Non faltan no dispendio festeiro “celebracións” tan aberrantes e faltas de sentido como as touradas que, en  cidades como A Coruña, empéñanse en impoñelas, mentres as políticas sociais non existen ou están abandonadas.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript