agosto de 2011
 
 

17/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

As ETT fan o seu agosto

O número de persoas contratadas a través das empresas de traballo temporal (ETT) entre xaneiro e abril deste ano ascendeu a 381.046, o 9,85% máis que un ano antes, segundo o Boletín de Estatísticas Laborais (BEL) do Ministerio de Traballo

 

  • Noticias relacionadas

 

As ETT que estiveron operativas nos catro primeiros meses do ano asinaron 611.740 contratos de posta a disposición de persoal, o 12,03% máis que no mesmo período de 2010, no que subscribiron 546.032.
 
Con eses contratos as ETT cederon 381.046 traballadores ás empresas que requiriron dos seus servizos, o 9,85% máis que un ano antes, cando sumaron 346.876.
 
Dos 611.740 contratos, 270.575 foron de "obra ou servizo", o 16,15% máis que un ano antes, e 314.181 de "circunstancias da produción", o 10,94% máis.
 
Ademais, 25.264 foron de "interinidade por reserva do posto de traballo", o 4,72% menos, e 1.720 por "interinidade por proceso de selección", o 48,72% menos.
 
Por sector de actividade, 87.468 contratos asináronse no agrario, o 35,19% máis, e 524.259 no non agrario, o 8,92% máis.
 
No sector non agrario están incluídos a industria, onde houbo 181.569 contratos, o 15,29% máis; na construción, asináronse 7.515, o 5,34% máis, e nos servizos 335.175, o 5,84% máis.
 
Por comunidades autónomas, en Andalucía asináronse 58.004 contratos (o 1,20% menos), en Aragón 17.325 (o 15,42% máis), en Asturias 9.094 (o 8,26% máis), en Baleares 2.894 (o 0,28% máis) e en Canarias 25.710 (o 3,77% máis), en Cantabria 6.967 (o 5,48% máis) e en Castela-A Mancha 15.254 (o 2,27% menos).
 
En Castela e León foron 35.603 (o 14,35% máis), en Cataluña 110.215 (o 3,67% máis), en Comunidade Valenciana 77.370 (o 26,60% máis), en Extremadura 1.941 (o -14,61%), en Galicia 26.145 (o 9,37% máis), en Madrid 106.011 (o 15,80% máis), en Murcia 59.501 (o 36,64% máis), en Navarra 19.247 (o 0,30% menos), no País Vasco 36.386 (o 15,92% máis) e en La Rioja 4.073 (o 15,94% máis).

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript