agosto de 2011
 
 

17/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Catorce contratos temporais por cada indefinido

No estado formalizáronse no pasado mes de xullo un total de 1.349.286 novos contratos. Trátase do dato máis elevado dende 2010. Segundo o informe de InfoJobs no que se basean en datos dispoñibles de redtrabaja.es. Destaca sobre todo, a reducida presenza da contratación indefinida. Concretamente, representaron o 6,7% do total dos contratos realizados.

 

  • Noticias relacionadas

 

Trátase da porcentaxe máis reducida de contratos indefinidos dende agosto de 2010. Pola contra, por cada contrato indefinido asináronse 14 temporais.
 
A oferta laboral no pasado mes de xullo en Galicia, segundo as estatísticas da rede de emprego privada, InfoJobs, aumentou un 6% en comparación co mesmo periodo do ano anterior. Así, o mes pasado Info Jobs rexistrou 3.037 postos de traballo. Non obstante, se se compara co número de novos empregados do mes de xuño obsérvase un descenso dun 11,1%.
 
O 24,6% do total das ofertas estaban relacionadas co sector comercial e vendas, mentres que o 13% relacionábanse coa informática e telecomunición e un 8,5% coa atención a clientes. Unha distribución que se mantén a nivel estatal, aínda que con variantes nas súas procentaxes. Segundo dita web de emprego as categorías que rexistraron un maior aumento no número de postos ofertados son educación e formación, cun incremento do 145%; finanzas e banca cun 120%, e oferta y calidade, produción e I+D, cun 50%.
 
Por outra banda, as categorías que máis diminuiron en comparación co 2010 son as de marketing e comunicación, concretamente un 33%; así como os postos relacionados coa inmobiliaria e a construción (-21%) e a informática e as telecomunicacións (-17%). Do total das vacantes, o 62% ofrecía unha xornada laboral completa e o 20% dos postos ofertados eran de contratación indefinida.
 
SÓ 0,1% PEDÍA COMO REQUISITO TER UN MASTER
 
Segundo os datos de InfoJobs, prácticamente a metade dos candidatos inscritos en xullo posuían estudios universitarios (49,3%), o 24,1% tiña ciclos formativos, e o 10,5% obtivera a educación secundaria obrigatoria. Tamén había 92.209 candidatos con master, que representaban o 14,5% do total. Sen embargo, só o 0,1% do total do emprego ofertado en xullo requería como mínimo ter dito nivel de estudios, ou o que é o mesmo 48 postos de traballo. Pola contra, para o 27,1% das vacantes ersa suficiente contar coa educación secundaria obrigatoria, e o 26% solicitaba candidatos graduados en ciclos formativos, e un 24,9% pedía candidatos con estudios universitarios, destacando na oferta de emprego o perfil de persoas con inxeñerías técnicas, (representaron o 8,8% do total de vacantes).
 
Só para o 30,3% das vacantes de xullo non era necesario ter experiencia laboral. Sen embargo, o 35% delas solicitaba un ano de experiencia, un 17,6% pedían candidatos con dous anos mínimo, mentres que un 8,9% máis exisentes requerían persoas con 3 ou máis anos de experiencia.

O Xornal

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript