01/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Facilidades para o papa e o contrario para os que protestan
O papa Benedicto XVI vai visitar España para celebrar a
Xornada Mundial da Xuventude e hai que recordar algúns
feitos. Por exemplo, o mundo do dogma reinou en España coa
Inquisición durante catro séculos ata a súa abolición en
1834, non sen antes ter axustizado en 1826 ao mestre
Cayetano Ripoll por enciclopedista. A xerarquía católica
apoiou sanguentas ditaduras en países católicos, como a de
Franco, Salazar, Trujillo ou os militares arxentinos. A
Igrexa, cando tivo o poder, castrou o pensamento libre. Hoxe
aínda discrimina á muller cun papel subalterno e mantén a
inutilidade do preservativo como prevención contra a sida. A
Igrexa española recibe do Estado 6.000 millóns de euros
anuais para a propagación da súa ideoloxía relixiosa. A
xuventude española, de
Benedicto XVI, representante supremo desta doutrina, vai ser
recibido con todo o boato e facilidades polas rúas de Madrid
mentres que aos manifestantes que non están de acordo se
lles marxina a unhas rúas laterais de Lavapiés para que
pasen o máis desapercibidos posible. Parabéns!
Adeus ao Ano Internacional da Xuventude
Chegou á súa fin o Ano Internacional da
Xuventude proclamado pola ONU, que pasou sen
pena nin gloria: non vimos grandes diferenzas
nas políticas públicas de xuventude. Unha
oportunidade perdida que dende o Consello da
Xuventude de España lamentamos profundamente.
A xuventude sofre os maiores índices de paro,
de precariedade laboral, así como grandes
dificultades de emancipación, entre outros
moitos aspectos, e, non obstante, somos a
xeración máis formada da historia. Para nós a
crise non é unha escusa pois a nosa crise é
permanente, cada ano vemos minguar as nosas
oportunidades de futuro. Os partidos políticos
deben mostrar o seu compromiso nas próximas
xerais, máis alá de anos internacionais. Deben
tomarse medidas para que a xuventude comece a
ver solucións onde só hai promesas.
As 'benditas' cifras da visita do papa
Para conseguir propaganda gratis e subvencións,
primeiro falaron de que virían a Madrid tres
millóns de mozos peregrinos. Despois,
rebaixárono a dous. Despois, a un millón. Agora
resulta que son só medio millón. Cabe maior
fracaso antes de empezar ou maior mentira
interesada? Teranse arrepentido de tanto
embuste ou temen que o reconto os deixe en
ridículo?
Agora teñen o valor de afirmar que non hai
financiamento público, que vai ser un negocio,
que a chegada do papa vai crear emprego... e
aínda hai crédulos que o tragan.
Xubilacións para banqueiros e para asalariados
É indignante que os responsables da crise (os
banqueiros cos seus estratosféricos soldos e
prexubilacións, as multinacionais, os
gobernantes que malgastaron, etc.) esixan agora
que se recorten as pensións dos sufridos
traballadores e que se lles aumenten os anos en
activo. Por que non se buscan opcións máis
imaxinativas? por que non cotizan un pouquiño
máis, cun aumento gradual, os que máis teñen?
Que sigan traballando quen queiran, os que se
encontren en condicións para facelo, pero que
non nos impoñan ao resto alongar os anos de
traballo, sobre todo tendo en conta as
dramáticas cifras do paro xuvenil.
As persoas que se xubilan con saúde poden
viaxar e realizar actividades de ocio. Xeran
riqueza e postos de traballo. Quen queira unha
pensión algo maior de forma voluntaria, que
cotice máis. E o principal: non sigan
malgastando
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript