agosto de 2011
 
 

17/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Axencias de cualificación. A depredación dos mercados

As axencias de cualificación son empresas privadas que xestionan ao seu antollo a cualificación económica de países.

 

  • Noticias relacionadas

 

Dende as súas orixes, a burguesía desconfiou da democracia sospeitando que podería poñer en perigo os seus privilexios. As forzas económicas permaneceron vixiantes para que o voto do pobo non interferise nos seus intereses. Esta función de "control" corresponde a estas empresas.
 
Non se “enteraron” da situación de crise até que esta foi afogando a economía dos países pero hoxe volven a ser a man que move o berce dos mercados. Son os chefs da crise.
 
Os mercados viran ao seu ao redor, esperan os seus comunicados de prensa, suspiran polas súas rebaixas de cualificación e, a final de ano, entregan bandexas suculentas aos accionistas das axencias. O mercado alimenta ao mercado. O mercado enriquécese afundindo países. Así funciona.
 
Esta mesma semana coñecéronse os resultados de Moody´s, unha das tres grandes, responsábel nos últimos tempos de rebaixas de cualificación a Grecia e Portugal, vítimas dun rescate financeiro multimillonario. Dous, no caso de Grecia. O estado español está xa no punto de mira. Comezou o saqueo.
 
A firma fai gala duns resultados envexábeis. Os seus beneficios, de 230 millóns de euros nos seis primeiros meses do exercicio, supoñen unha mellora do 47% respecto ao mesmo período de 2010, cando Grecia era aínda solvente e ninguén pensaba sequera en que Italia puidese chegar a ter problemas tan graves como os que agora, despois de 24 horas de desastre bolsista, obrigáronlle a acometer un plan de austeridade que inclúe o copagamento sanitario.
 
Non contentos con este resultado, Moody's revisou á alza a súa previsión de beneficios para o conxunto de 2011 para reflectir a fortaleza dos seus resultados do segundo trimestre, que poderían verse contrarrestados pola expectativa dun empeoramento das condicións para a emisión de débeda no segundo semestre en EE UU e Europa. O espectáculo continúa, o ano que vén haberá novas e peores noticias sobre o rating.
 
O beneficio disparado destas empresas, que xulgan a débeda soberana dos países –está demostrado xa que só a cambio de zumentos beneficios e en función de conxuncións astrais dos mercados, que son, o fin e ao cabo, elas mesmas– e afunden economías fixo saltar as alarmas. A pregunta é clara: pódese consentir que entes privados decidan o destino económico dunha sociedade?

Artigos de prensa

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript