08/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A USC unifica dúas vicerreitorías e elimina unha en Lugo
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, levou a cabo unha reorganización do equipo de goberno da institución docente, que leva consigo a unificación de dúas vicerreitorías e a desaparición da Vicerreitoría Adxunta para Estudos de Grao e Posgrao no Campus de Lugo.
Os departamentos de Estudos de Grao e Posgrao
e Persoal Docente e Investigador, quedan integrados
no de Titulacións e Persoal Docente e Investigador.
Os dous departamentos unificados correspóndense,
por unha banda, coas antigas Vicerreitorías de
Estudos de Grao e Posgrao e a de Persoal Docente e
Investigador, que quedan integradas nunha
denominada de Titulacións e Persoal Docente e
Investigador; e por outro, unificaranse as de
Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade e a de
Estudantes e Formación Continua, nunha única de
Estudantes, Cultura e Formación Continua.
Ademais, crearase a Vicerrectoría de Relacións
Exteriores e Internacionalización, que asumirá as
relacións da USC con outras institucións, e que
estará dirixida polo catedrático de Filoloxía
Alemá, Víctor Millet Schröeder.
Segundo sinalou o reitor, Juan Casares, esta
modificación débese "a que a USC quere predicar co
exemplo nestes momentos de tanta necesidade dunha
política de redución do gasto" e a "as dimisións de
María Isabel González Rei como vicerreitora adxunta
para estudos de Grao e Posgrao en Lugo; e á de
Javier Garbayo Montabes como vicerreitor de
Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade".
Desta maneira, Francisco Ramón Durán Vila, até
agora vicerreitor de Estudantes e Formación
Continua, pasa a encargarse da nova Vicerreitoría
de Estudantes; e Carmen Fernández Morante,
responsábel até agora da Vicerreitoría de Persoal
Docente e Investigador, mantense no cargo coas
novas responsabilidades engadidas tras a fusión.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript