08/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O conselleiro de Educación asina coas Universidades o reparto do orzamento a repartir por obxectivos
O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, asinou, coas tres Universidades Públicas de Galicia, por separado, o primeiro contrato programa para a distribución da subvención por resultados, tal como establece o Plan de Financiamento do SUG 2011-2015.
Asinaron os respectivos convenios coa Xunta que lles permitirán obter financiamento equivalente ao 5 % do total orzado polo Goberno autónomo. Iso si, deberán cumprir uns obxectivos e mellorar un total de vinte indicadores contemplados no plan de financiamento.
Canto mellor sexa o punto de partida, menor
será a porcentaxe de mellora que pide a Xunta para
outorgar os fondos, posto que os aumentos
esaxerados son case imposibles. Ademais, non todos
os obxectivos pesarán por igual. Docencia,
investigación e transferencia do coñecemento. Non
en balde, son as tres misións principais dunha
universidade: xerar novo coñecemento, formar novos
profesionais e ser permeable á sociedade na que
traballan.
Investigación
Cun peso relativo do 30 % sobre o total, os
sexenios de investigación que acumula o persoal
sobre o total dos posibles son o indicador máis
valorado pola Xunta, pois permite cuantificar os
resultados que xera a investigación da
universidade. Ademais, terase en conta tamén toda a
produción científica e os programas de doutoramento
que obteñan mención de excelencia.
Docencia
Tres son os indicadores dun apartado que supón o 25
% do total. O de maior peso será o número de
doutores dentro do corpo docente e investigador,
aínda que tamén se terá en conta a taxa de
gradación e o número de alumnos que acceden a
cursos de posgrado por cada graduado.
Transferencia
Que os resultados da investigación no seo das
universidades cheguen á sociedade é outro dos
obxectivos principais das institucións. Neste caso,
deberán centrarse por igual en aumentar o número de
patentes concedidas e nos ingresos que xera para a
universidade a transferencia dese coñecemento á
sociedade.
Os programas de intercambio con universidades
estranxeiras tamén terán moito peso, así como, por
outra banda, a súa duración.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript