08/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Servizo privatizado, servizo encarecido
A teocracia bancaria-neoliberal, que se nos pretende impoñer como doutrina de fe, pontifica que privatizar os servizos públicos é a mellor forma de abaratalos e facelos eficientes. Non obstante non teñen empacho en comezar pedíndonos diñeiro baixo ese curioso epígrafe de "custos de transición á competencia". Pero... non o estamos a liberalizar precisamente para aforrar custos?. Os datos empíricos e a evidencia histórica contradín unha e outra vez esta xigantesca mentira do suposto aforro.
En primeiro lugar hai que observar que
os países con máis servizos privatizados, como EUA
ou Reino Unido acumulan, unha débeda-país
enormemente alta. Isto segue sendo igualmente
certo se realizamos o
cálculo en porcentaxes de PIB. Como é posible
acumular
esta débeda se os seus servizos de transporte,
subministración de enerxía, educación e sanidade
están altamente privatizados?, Como é isto posible
se as
porcentaxes de empregados públicos en Reino
Unido son dos máis baixos de toda Europa?, Como é
posible que nos países nórdicos, con abundantes
servizos públicos e altas porcentaxes de
funcionarios, sexa onde mellor se vive e onde teñen
a débeda externa máis controlada?. A resposta é
clara: A teoría neoliberal é unha xigantesca
estafa, un engano que só beneficia ás grandes
empresas, os seus directivos e os seus accionistas
en detrimento do ben común e dos intereses da gran
maioría dos cidadáns.
Numerosos exemplos así o testemuñan, sendo
paradigmático o dos ferrocarrís británicos. Para
afondar nos dogmas do neoliberalismo criminal e os
enormes buratos que as súas amadas privatizacións
rematan por provocar nas contas públicas dos países
pode visitarse esta moi recomendable entrada do
blog de Alejandro Pérez:
Privatizar non é rendible.
A
privatización engade ao custo natural do
servizo a porcentaxe de beneficio do banqueiro
prestamista, o soldo do directivo megabonificado, o
dividendo do accionista especulador, a comisión do
gran político intermediario máis os "custos de
transición á competencia". Como é lóxico a tarifa
final será moi superior ao resultante do simple
custo do servizo, ofrecido sen ánimo de lucro e
xestionado para conseguir un simple equilibrio
entre ingresos e gastos.
Fonte: Internet
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript