agosto de 2011
 
 

08/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O paro xuvenil ascende até o 46%

Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada a semana pasada polo INE, deixan un dos peores datos esperados: a taxa de desemprego entre os menores de 25 anos subiu no segundo trimestre en máis de sete décimas até o 46,12%.

 

 

En termos absolutos, con todo, os máis de 886.000 mozos sen traballo, cifra que aumentou en 19.400 persoas entre abril e xuño, si supoñen un máximo de toda a serie histórica comparábel do INE e que arrinca en 1976. Con esta taxa, España consolídase como o país da Unión Europea con máis problemas de emprego entre os mozos, xa que un de cada dous non atopa un emprego a pesar de ter, na maioría das ocasións, unha formación moi alta.
 
En todo caso, respecto ao mesmo mes do ano pasado, hai 188.200 parados máis. O sector servizos foi o protagonista principal da creación de emprego neste tres meses, o que da idea da súa estacionalidade.
 
Galiza:
 
O paro rexistrado increméntase en Galiza con respecto ao ano anterior nun 6,30% (situándose en 223.000 desempregados/as, engadíndose ao paro máis de 17.800 galegos/as), mentres que na media estatal o incremento foi do 4,38%
 
A taxa de actividade é do 55,14% e continúa sendo maior entre os homes (un 61,65%) que entre as mulleres (un 49,19%).
 
A situación do emprego na Galiza segue o mesmo patrón que no resto do estado, o emprego medra no sector servizos (é eminentemente estacional) e diminúe nos sectores industriais.
 
AUMENTO INTERANUAL
 
Os datos do instituto galego mostran que existen 61.800 fogares con todos os seus membros activos en paro, o que supón un aumento do 1.700 fogares (un 2,8% máis) se se compara con hai un ano.
 
Así mesmo, os fogares nos que ningún dos membros está en activo ascenden a 279.600, 2.100 máis que entre xaneiro e marzo (un 0,8% máis).
 
En canto á poboación nova, constan 401.300 persoas de entre 16 e 29 anos, das que 166.100 están ocupadas; 68.800 paradas e 166.500 inactivas. Entre estas últimas, o 85,5% son estudantes.
 
Deste modo, a taxa de paro xuvenil sitúase no 29,3%. En comparación con hai un ano, a taxa de paro entre os máis novos aumentou 1,8 puntos.
 
Así mesmo, a poboación de entre 16 e 29 anos asalariada sitúase en 144.100 persoas, 700 menos que tres meses antes (un 0,5% de caída). De eles 66.900 teñen un contrato indefinido (2.700 menos que entre xaneiro e marzo) e 77.100 téñeno temporal (1.900 máis). O que sinala a precariedade do emprego creado e manifesta, tamén, que a reforma laboral nin os pactos asinados polas centrais sindicais UGT-CCOO, os empresarios e a Xunta, non cumpren o cometido que se nos vendeu e que, o empresariado, tendo ao seu dispor contratos precarios non opta nin vai a optar pola contratación indefinida.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript