Número 95 - 08 de agosto de 2011
 
 
UNIVERSIDADES

    O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, asinou, coas tres Universidades Públicas de Galicia, por separado, o primeiro contrato programa para a distribución da subvención por resultados, tal como establece o Plan de Financiamento do SUG 2011-2015.
     
    Asinaron os respectivos convenios coa Xunta que lles permitirán obter financiamento equivalente ao 5 % do total orzado polo Goberno autónomo. Iso si, deberán cumprir uns obxectivos e mellorar un total de vinte indicadores contemplados no plan de financiamento.

UNIVERSIDADE - ORZAMENTOS

    Empeza a ser algo esquizofrénica a posición da UDC ao respecto do reparto do orzamento pactado (coa abstención da Universidade da Coruña) entre a Xunta e as Universidades públicas de Galicia.
     
    A UDC asina todo o que lle poñen enriba da mesa pero, iso si, deixando claro que reclama un reparto do diñeiro que prime factores coma o do número de alumnos.

ECONOMÍA - ATTAC

    A extraordinaria suba da prima de risco española e doutros países aínda máis próximos ao corazón da vella Europa ponnos ao bordo do límite do que a cidadanía non debería consentir.

LINGUA

    Condena a administración provincial por “non aplicar” a normativa lingüística que esixe usar o idioma propio.

LABORAL

    Os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicada a semana pasada polo INE, deixan un dos peores datos esperados: a taxa de desemprego entre os menores de 25 anos subiu no segundo trimestre en máis de sete décimas até o 46,12%.

ECONOMÍA

    A maioría das medidas que se están a tomar para reducir o déficit público van destinadas á redución do gasto público e son por todos coñecidas.

FRAUDE FISCAL

    Un traballador ou un pensionista galego gaña o dobre que un notario, arquitecto, avogado ou un pequeno empresario, en concreto 8.578 euros máis.

    
  •   
 
    ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
    Nas etapas de crise capitalista déixanse ver, con máis forza que nunca, os que desde os seus púlpitos defenden a posición interesada de que a administración pública debe desaparecer. Hainos que, con posicións tan radicais como as de Venancio Salcines defenden que até as conserxerías deberían ser privatizadas. Todos menos o seu exclusivo posto na UDC claro. Ollo con individuos coma este.

     

 UNIVERSIDADE DE COMPOSTELA – LAVADO DE CARA
    O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Juan Casares Long, levou a cabo unha reorganización do equipo de goberno da institución docente, que leva consigo a unificación de dúas vicerreitorías e a desaparición da Vicerreitoría Adxunta para Estudos de Grao e Posgrao no Campus de Lugo.
 ECONOMÍA - LABORAL
    O comisario europeo de Asuntos Económicos, Olli Rehn, sinalou que o acoso dos mercados contra a débeda española e italiana é "incomprensible", e asegurou que España avanzou moito nos seus plans de axuste e de reformas, aínda que é crítico que as aplique de forma "contundente".
     
    Non obstante, sostivo que os traballos de "fortalecemento do sector bancario teñen que ser concluídos e as reformas estruturais planeadas teñen que ser concluídas".
 MÁIS ESCÁNDALOS
    Os altos directivos cobran un 12,7% máis e o aumento medio para aos empregados foi do 1,3%
 PRIVATIZAR NON E RENDIBLE
    A teocracia bancaria-neoliberal, que se nos pretende impoñer como doutrina de fe, pontifica que privatizar os servizos públicos é a mellor forma de abaratalos e facelos eficientes. Non obstante non teñen empacho en comezar pedíndonos diñeiro baixo ese curioso epígrafe de "custos de transición á competencia". Pero... non o estamos a liberalizar precisamente para aforrar custos?. Os datos empíricos e a evidencia histórica contradín unha e outra vez esta xigantesca mentira do suposto aforro.
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

     

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript