08/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os traballadores e pensionistas galegos declaran o dobre de ingresos que pequenos empresarios e profesionais liberais
Un traballador ou un pensionista galego gaña o dobre que un notario, arquitecto, avogado ou un pequeno empresario, en concreto 8.578 euros máis.
Isto é así se nos atemos ao que declaran a
facenda de media os profesionais liberais e os
pequenos empresarios. Así o reflicte a III edición
do Informe da Loita Contra a Fraude Fiscal na
Axencia Tributaria, elaborado polos Técnicos do
Ministerio de Facenda (GESTHA) a partir da última
estatística do IRPF do 2009, declarado en xuño de
2010.
Os pequenos empresarios e os profesionais liberais
obtiveron uns rendementos medios de 8.295 euros,
mentres que traballadores e pensionistas galegos
gañaron 16.873 euros.
Por comunidades, o informe de Gestha mostra que
Galicia é a quinta comunidade onde as diferenzas
entre as rendas declaradas por asalariados ou
pensionistas e os pequenos empresarios ou
profesionais liberais son maiores tras a Comunidade
de Madrid (10.776 euros), Asturias (9.815 euros),
Cataluña (8.765 euros) e Cantabria (8.666 euros). A
media nacional é unha diferenza de 8.323 euros.
Ademais, esta diferenza veu acrecentándose durante
os últimos quince anos. No exercicio de 1.993, era
1.414 euros para pasar en
Fraude estrutural e masivo
En opinión de Gestha, esta brecha fiscal entre os
ingresos declarados por traballadores e empresarios
evidencia que o «compoñente estrutural» da fraude
fiscal ten moito maior peso que o compoñente
conxuntural da crise económica, aínda que recoñece
que a crise tamén influíu como o demostran os
22.785 autónomos que causaron baixas netas na
Seguridade Social en 2009.
Para os técnicos de Facenda, desde a creación da
Axencia estatal Tributaria, a brecha fiscal cos
empresarios non só non se corrixiu, senón que
aumentou entre seis e case catro veces máis
respecto dos traballadores e pensionistas.
Aínda que estas cifras revelan unha fraude fiscal
masivo entre os autónomos, non debe esquecerse que
estes apenas representan o 8,6% do total da fraude
fiscal no noso país ao ser titulares xeralmente de
pequenos negocios. Segundo Mollinedo , «os pequenos
empresarios buscan as súas artimañas para tratar de
eludir os pagos de Facenda. Frecuentemente realizan
vendas sen IVE, o coñecido por todos "con IVE ou
sen IVE", inflan os gastos pasando as compras
persoais como gastos da empresa, ou en demasiadas
ocasións manexan facturas falsas para
contabilizalas como gasto e poder deducirse un IVE
non xerado polo desenvolvemento da súa actividade».
Os inspectores cren que a Axencia Tributaria do
Estado está a perder a batalla contra a fraude
fiscal cunha estratexia de actuación claramente
equivocada, centrada en «o máis fácil» como é o
control das rendas do traballo e dos autónomos en
lugar de inspeccionar «o máis difícil» como son as
bolsas de fraude que representan as grandes
fortunas e as empresas de gran tamaño, principais
responsables da evasión fiscal no noso país
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript