agosto de 2011
 
 

08/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Catro sinxelas medidas para unha fiscalidade máis xusta

A maioría das medidas que se están a tomar para reducir o déficit público van destinadas á redución do gasto público e son por todos coñecidas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Non obstante, un dos motivos polos que existe tal déficit é, ademais da concesión das millonarias axudas ao sector financeiro, a diminución de ingresos dos impostos do capital e do patrimonio que viron rebaixada a súa contribución ás arcas públicas. Segundo o estudo La Responsabilidad Social Corporativa en las memorias anuales de las empresas del IBEX 35 estas entidades, a pesar de obter enormes beneficios en plena época de crise, reduciron a súa contribución fiscal en 55% entre 2007 e 2009, despois de utilizar o 82% destas paraísos fiscais para os seus investimentos. Seguidamente expóñense catro sinxelas medidas que poderían adoptarse en materia impositiva para conseguir un sistema tributario máis xusto, como proclama o artigo 31 da Constitución:
 
1º Restablecemento do Imposto sobre o Patrimonio, cuxa eliminación foi unha das promesas estrela das últimas eleccións xerais polo PSOE. Este tributo era un mecanismo idóneo para o control tributario, ademais de supoñer unha recadación duns 2.000 millóns ? anuais.
 
2º Reforzamento do corpo de inspectores da Axencia Tributaria e aumento das investigacións a grandes fortunas, empresas do IBEX 35, multinacionais, bancos e institucións financeiras e demais entidades que operan con paraísos fiscais. Segundo un estudo da Universidade Pompeu Fabra, por estas vías déixanse de ingresar uns 80.000 millóns de euros cada ano.
 
3º Aumento do tipo de gravame das sociedades que utilizan as grandes fortunas para investir (SICAV), do 1% a, como mínimo, a porcentaxe en que se gravan as rendas do aforro no IRPF ( 19 -21%).
 
4º Desaparición do réxime fiscal especial creado para que as empresas de aluguer das entidades de crédito (SOCIMI) poidan arrendar os grandes patrimonios inmobiliarios obtidos dos embargos e desafiuzamentos.

Miguel Ángel Luque Mateo

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript