agosto de 2011
 
 

08/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

A UE pide ao estado español ser ´ contundente ´ coas reformas

O comisario europeo de Asuntos Económicos, Olli Rehn, sinalou que o acoso dos mercados contra a débeda española e italiana é "incomprensible", e asegurou que España avanzou moito nos seus plans de axuste e de reformas, aínda que é crítico que as aplique de forma "contundente"

 

  • Noticias relacionadas

 

"España comprometeuse con medidas amplas. España avanzou de xeito importante nas áreas de consolidación fiscal, a reestruturación do sector bancario, a reforma das pensións e as reformas laborais (...) pero, aínda que moitas das reformas xa están en curso, ao igual que no caso de Italia, a implementación contundente é primordial, afirmou Rehn en rolda de prensa.
 
Por iso, os plans de consolidación fiscal teñen que ser "aplicados estritamente ao nivel rexional", engadiu en referencia ao déficit das Comunidades Autónomas.
 
A opinión da Comisión Europea é que en termos de política fiscal tanto do estado español coma Italia están en camiño de cumprir cos seus obxectivos de déficit o próximo ano e os seguintes.
 
Iso é esencial, subliñou, e por iso as autoridades deben centrarse na implementación das medidas acordadas e se hai desviacións deben actuar rapidamente para compensar os desaxustes.
 
"Creo que ningún destes países vai necesitar un programa", de rescate, indicou Rehn para reafirmar a postura xa expresada nos últimos días por voceiros da Comisión Europea.
 
"Os seus fundamentos económicos non o xustifican e as accións dos seus gobernos tampouco", agregou.
 
Non obstante, sostivo que os traballos de "fortalecemento do sector bancario teñen que ser concluídos e as reformas estruturais planeadas teñen que ser concluídas".
 
Rehn considerou ademais que, a pesar das condicións "tensas" nos mercados, o resultado da poxa do Tesouro Público español o xoves de bonos a tres e catro anos, adxudicando 3.300 millóns a un interese do 4,90% e o 5.05%, respectivamente, foi relativamente positivo e iso é un bo sinal".
 
"As tensións nos mercados que vimos nos últimos días simplemente non están xustificadas se se ten en conta os fundamentos económicos. Non están xustificadas no caso de Italia. Non están xustificadas no do estado español. Cambios así de dramáticos nos mercados son incomprensibles", sostivo o comisario, quen subliñou que a situación económica neses dous países non cambiaron "da noite ao día" para provocar esa reacción.
 
Rehn destacou que o feito de que tanto Italia coma o estado español se comprometesen a acometer e implementar medidas ambiciosas para lograr a consolidación fiscal e a recuperación plena das súas economías é o que deben prevalecer en opinión dos mercados.
 
"É o que importa e é o que debe terse en conta", concluíu.

Todo sexa polos mercados, pola banca e polo capital a costa, coma até agora, dos traballadores/as e da cidadanía.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript