01/08/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Os xubilados galegos cobraron en xullo 162 euros menos que a media do estado
A pensión media de xubilación en Galicia alcanzou en xullo os 753,88 euros mensuais, o que supón que os xubilados galegos cobraron 162,31 euros menos que a media do estado, que alcanzou os 916,19 euros ao mes, segundo datos feitos públicos este martes polo Ministerio de Traballo e Inmigración..
Os 448.304 xubilados galegos son os que
contan coas pensións máis baixas de todo o Estado,
seguidos dos estremeños, que cobraron en xullo unha
media de 769,28 euros, lonxe de subsidios como os
dos vascos, que se elevaron a 1.137 euros, os dos
asturianos, con 1.129 euros, ou os dos madrileños,
con 1.097 euros.
Ademais, por provincias, son as de Ourense e Lugo
as que contan cunhas pensións de xubilación máis
baixas, con medias de 641,40 e 661,83 euros
respectivamente, mentres que as dos pensionistas
coruñeses alcanzan de media os 801,90 euros e as
dos pontevedreses os 805,51 euros.
No conxunto da comunidade perciben subsidios
448.304 xubilados, dos cales 167.758 residen na
provincia da Coruña; 133.569 na de Pontevedra;
77.442 na de Lugo e 69.535 na de Ourense.
SISTEMA DE PENSIÓNS
A pensión media do sistema, que comprende as
distintas clases de pensión (xubilación,
incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a
favor de familiares), situouse ao iniciarse este
mes en Galicia en 674,91 euros, tras un aumento do
3,4 por cento no último ano, fronte á alza
interanual do 3,3 por cento que elevou a media no
conxunto do Estado a 805,77 euros mensuais.
En concreto, en Galicia perciben algunha destas
pensións 728.107 persoas, o que supón un 8,3 por
cento do total nacional. En concreto, 70.000
persoas perciben unha axuda por incapacidade
permanente, cuxa media é de 757.15 euros; e 183.935
reciben unha axuda de viuvez, cunha media de 493.68
euros.
Ademais das 448.304 xubilacións que se abonan en
Galicia, 20.226 persoas perciben axudas por
orfandade, cunha media de 354,96 euros; e 5.642
persoas benefícianse das pensións a favor de
familiares, que contan cunha media de 434,4 euros.
POR COMUNIDADES AUTÓNOMAS
Por comunidades autónomas, oito delas superaron en
xullo a pensión media nacional, establecida en
805,77 euros ao mes. País Vasco, Asturias e Madrid
rexistraron as pensións medias máis elevadas, con
996,61 euros, 959,66 euros e 954,42 euros mensuais,
respectivamente.
Seguíronlles Navarra (911,91 euros mensuais), Ceuta
(852,78 euros), Cantabria (837,86 euros), Aragón
(835,07 euros), Cataluña (838,93 euros), Melilla
(786,94 euros), Castela e León (783,31 euros), A
Rioxa (770,73 euros), Canarias (755,99 euros),
Castela-A Mancha (751,90 euros), Comunidade
Valenciana (739,62 euros), Andalucía (737,44 euros)
e Baleares (734,87 euros).
Pechan a táboa, coas pensións menos cuantiosas,
Murcia, cunha pensión media de 710,08 euros
mensuais; Estremadura, con 684,55 euros, e Galicia,
con 674,91 euros ao mes.
DATOS ESTATAIS
En xullo, a Seguridade Social destinou 7.100,8
millóns de euros ao pago das pensións
contributivas, un 4,9% máis que no mesmo mes de
2010.
Pola súa banda, a pensión media de viuvez situouse
en xullo en 586,73 euros mensuais, un 2,6% máis,
mentres que a de incapacidade permanente alcanzou
unha contía media de 870,48 euros mensuais, cun
incremento do 2,3%.
Así mesmo, a pensión media de orfandade ascendeu a
359,54 euros mensuais, un 2,5% máis que en xullo de
2010, mentres que a de favor de familiares situouse
en 472,65 euros ao mes, cun repunte do 2,8%, unha
décima menos que o mes pasado.
No sétimo mes do ano, o número de pensións
contributivas da Seguridade Social alcanzou a cifra
de 8.812.560, o que representa un crecemento do
1,6% respecto ao mesmo mes do ano anterior.
Desta cantidade, 5.250.797 pensións foron de
xubilación (+2,1%), 2.310.329 de viuvez (+0,9%),
940.096 de incapacidade permanente (+0,5%), 273.317
de orfandade (+1,5%) e 38.021 de favor de
familiares (+0,8%).
Para abonar estas prestacións, a Seguridade Social
destinou un total de 7.100,86 millóns de euros
(+4,9%), dos que 4.810 millóns corresponderon á
nómina mensual das pensións de xubilación (+5,7%);
1.355 millóns a pensións de viuvez (+3,4%); 818,3
millóns a incapacidade permanente (+2,8%); 98,2
millóns a orfandade (+4%); e 17,9 millóns a favor
de familiares (+3,6%).
A pensión media de xubilación situouse en xullo en
916,19 euros mensuais, un 3,5% máis
A pensión media de xubilación alcanzou en xullo os
916,19 euros mensuais, o que supón un 3,5% máis
respecto ao mesmo mes de 2010, segundo datos feitos
públicos este martes polo Ministerio de Traballo e
Inmigración.
A pensión media do sistema, que comprende as
distintas clases de pensión (xubilación,
incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a
favor de familiares), situouse ao iniciarse este
mes en 805,77 euros mensuais, o que supón un
aumento interanual do 3,3%.
En xullo, a Seguridade Social destinou 7.100,8
millóns de euros ao pago das pensións
contributivas, un 4,9% máis que no mesmo mes de
2010.
Pola súa banda, a pensión media de viuvez situouse
en xullo en 586,73 euros mensuais, un 2,6% máis,
mentres que a de incapacidade permanente alcanzou
unha contía media de 870,48 euros mensuais, cun
incremento do 2,3%.
Así mesmo, a pensión media de orfandade ascendeu a
359,54 euros mensuais, un 2,5% máis que en xullo de
2010, mentres que a de favor de familiares situouse
en 472,65 euros ao mes, cun repunte do 2,8%, unha
décima menos que o mes pasado.
No sétimo mes do ano, o número de pensións
contributivas da Seguridade Social alcanzou a cifra
de 8.812.560, o que representa un crecemento do
1,6% respecto ao mesmo mes do ano anterior.
Desta cantidade, 5.250.797 pensións foron de
xubilación (+2,1%), 2.310.329 de viuvez (+0,9%),
940.096 de incapacidade permanente (+0,5%), 273.317
de orfandade (+1,5%) e 38.021 de favor de
familiares (+0,8%).
Para abonar estas prestacións, a Seguridade Social
destinou un total de 7.100,86 millóns de euros
(+4,9%), dos que 4.810 millóns corresponderon á
nómina mensual das pensións de xubilación (+5,7%);
1.355 millóns a pensións de viuvez (+3,4%); 818,3
millóns a incapacidade permanente (+2,8%); 98,2
millóns a orfandade (+4%); e 17,9 millóns a favor
de familiares (+3,6%).
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript