agosto de 2011
 
 

01/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Prisa triplica o soldo ao Consello en pleno ERE

O grupo, que planea 2.500 despedimentos pagou ao seu Consello de Administración 10 millóns de euros no primeiro semestre, período no que gañou 11,1 millóns, un 81,8% menos, segundo as súas contas.
 
Mentres o outro escándalo, o de Telefónica, sáldase co despido de 6.500 traballadores e coa entrega 9,4 millóns de euros en accións á súa cúpula.

 

  • Noticias relacionadas

Nas empresas comezou unha carreira. O incentivo do directivo é botar traballadores á rúa, imponse, polo tanto, que o que máis traballadores/as despida cobre máis.
 
O grupo Prisa pagou ao seu Consello de Administración 10 millóns de euros no primeiro semestre, período no gañou 11,1 millóns, un 81,8% menos, segundo as súas contas, presentadas nestes días. A retribución dos seus 16 vogais case triplica os 3,6 millóns do mesmo período de 2010 e é unha das máis altas entre as cotizadas do estado (só Telefónica, Iberdrola e Repsol a superan), malia o pequeno tamaño do grupo editor do diario El País. Practicamente iguala, por exemplo, o pagado ata xuño aos conselleiros de Repsol, que nese período gañou 1.344 millóns, cifra similar a toda a facturación de Présa ata xuño (1.350 millóns).
 
O resultado semestral reflicte "o bo comportamento operativo dos nosos negocios, o efecto positivo dos nosos esforzos por reducir custos e o liderado de Présa," dixo o seu conselleiro delegado, Juan Luis Cebrián. O grupo, que dende o ano pasado está controlado por Liberty, un fondo de capital risco, anunciou en febreiro un expediente de regulación de emprego para despedir 2.500 persoas. Dende onte, Cebrián comparte o cargo de primeiro executivo con Fernando Abril-Martorell, fichado en xaneiro a instancias de Liberty. A empresa non explicou a que se debe o drástico incremento do soldo do Consello, que responde á inclusión dun pagamento de 7,1 millóns na partida de "outros".
 
Por outro lado, Telefónica, a maior empresa “española”, informou da repartición de accións dun plan plurianual ligado a obxectivos e aprobado en 2006. Os oito principais executivos, incluíndo o presidente, César Alierta, recibirán títulos por valor de 9,48 millóns. A Alierta tócalle o maior paquete, valorado en 2,2 millóns, seguido do conselleiro delegado, Julio Linares (1,5 millóns), e Matthew Key, presidente da filial O2 (1,5 millóns).
 
A multinacional detallou cantas accións corresponderán aos seus directivos clave en virtude do primeiro ciclo (2011-2014) do novo plan plurianual de accións, aprobado na última Xunta, e que se coñeceu coincidindo co anuncio do recorte do 20% do persoal no estado. Oito directivos, incluíndo a Alierta, repartiranse títulos valorados en 12,39 millóns.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript