agosto de 2011
 
 

01/08/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Coa orella posta sobre a vía

"Non é unha reacción, senón sensibilidade; as empresas deberiamos ser sensibles non a movementos especiais senón á situación da rúa. " -Juan Manuel Cendoya, director de Comunicación do Santander-.

 

  • Noticias relacionadas

Aos pitonisos da cousa política (xornalistas, tertulianos, voceiros de partido, algún sociólogo despistado) haberá que ofrecerlles un máster de urxencia en movementos sociais, a ver se así afinan un pouco máis os seus prognósticos sobre o 15-M. Porque ata agora non acertaron nin un. Sobre todo porque os propios indignados se aplicaron a fondo en incumprir aqueles prognósticos iniciais e invalidar as análises de primeira hora.
 
Anunciáronnos que o 15-M se desincharía co paso dos días, e que ao levantar as acampadas minguaría o seu apoio. Nada diso: cada semana xorden novas asembleas en barrios e vilas. E esperen a que reabra a universidade en outubro, que xa verán como se anima. En canto ao seu poder de convocatoria, abonda ver a recente marcha sobre Madrid, e para máis desenvoltura en pleno mes de xullo, coma se se burlasen dos que vían o verán como un factor desmobilizado inmediato.
 
Recordamos tamén os que aseguraban que do 15-M non podía saír nada, porque era unha mestura de ilusos e antisistemas sen os pés no chan. Aí está o iluso e antisistema Joseph Stiglitz participando nunha asemblea, nun golpe de efecto do que algúns aínda non se recuperaron. E en canto a conseguir algo práctico, por agora decenas de familias seguen nas súas casas, tras paralizar o seu desafiuzamento.
 
Os que alertaban da falta de propostas viables, aí teñen o debate hipotecario, aberto en canle grazas a eles e que mesmo conmoveu a todo un Santander -ao seu xeito, claro, todo o sensible que pode ser un banco-; ou o documento que acaban de coar no Congreso con demandas absolutamente terreais, vila a vila por todo o estado. Por non falar de como os partidos buscan atraerse os seus simpatías con acenos máis ou menos serios.
 
De éxito en éxito, os agoreros que esperan que os seus prognósticos sobre o 15-M funcionen como profecía de autocumprimento recordan a eses que poñen a orella na vía para saber cando chega o tren. Ao final, a locomotora acáballes pasando por enriba.

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript