Todo sexa polos mercados. O FMI receita unha nova rebaixa nos salarios dos traballadores e traballadoras da Administración Pública, un novo incremento do IVE e que os salarios se axusten á “realidade” económica das empresas.
Establece que as necesidades anuais de financiamento do estado continuarán sendo "substanciais" durante os próximos anos, polo que é especialmente importante conservar a confianza dos mercados, que, en realidade son os que nos gobernan.
O grupo, que planea 2.500 despedimentos pagou ao seu Consello de Administración 10 millóns de euros no primeiro semestre, período no
que gañou 11,1 millóns, un 81,8% menos, segundo as súas contas.
Mentres o outro escándalo, o de Telefónica, sáldase co despido de 6.500 traballadores e coa entrega 9,4 millóns de euros en accións á súa cúpula.
A maioría da cidadanía non coñece nin está informada sobre as Mutuas Patronais de Accidentes e Enfermidades Laborais, que teñen un enorme poder. As súas decisións afectan ao benestar e calidade de vida da maioría da poboación traballadora no país.
"Moitos dos problemas para que a xente dea o paso e fale unha lingua minorizada son psicolóxicos"
Utiliza a hipnose como "unha burla" e como un modo de denunciar o "absurdo" dos prexuízos que se crearon ao redor da súa lingua, tanto os que xera un mesmo, como os que fomentan quen goberna en Galicia, que están ocasionando unha perda de falantes.
A pensión media de xubilación en Galicia alcanzou en xullo os 753,88 euros mensuais, o que supón que os xubilados galegos cobraron 162,31 euros menos que a media do estado, que alcanzou os 916,19 euros ao mes, segundo datos feitos públicos este martes polo Ministerio de Traballo e Inmigración.
Unha muller colombiana, ameazada de morte por paramilitares que xa asasinaran a parte da súa familia, consegue o apoio do Tribunal de Dereitos Humanos.
Aos pitonisos da cousa política (xornalistas, tertulianos, voceiros de partido, algún sociólogo despistado) haberá que ofrecerlles un máster de urxencia en movementos sociais, a ver se así afinan un pouco máis os seus prognósticos sobre o 15-M.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript